



Outras itinerancias:
– Mércores 2 de outubro.
16:30 horas
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)
R/ Poza Cabalo, s/n
36211 Vigo (Pontevedra)
– Xoves 3 de outubro.
18:00 horas
Cine Teatro João Verde
Largo da Alfândega 1
4950-432 Monção
Arquivo da categoría: Debates
A Coruña: debate arredor das persoas refuxiadas, con Beatriz Maceda e Laura Lizancos
O
19 de xuño, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, terá lugar un debate, coorganizado por esta entidade e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, arredor das persoas refuxiadas con motivo do Día Mundial das persoas refuxiadas que é o día seguinte o día 20, coa participación da autora do libro Lúa en Ningures, Beatriz Maceda, acompañada de Laura Lizancos (Coordenadora de Families 4 Peace).
Braga: IV Encontro Minho Galiza
A Estrada: faladoiro A defensa do noso patrimonio
Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (III)
O
Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
Presentación das conclusións das mesas redondas e grupos de traballo:
Debate sobre as conclusións das mesas redondas e grupos de traballo:
A Coruña: Xornada “Mulleres e innovación nas artes intermedia”
Compostela e Vigo: sesión de Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes
A
sesión Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes que terá lugar o vindeiro luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas, no Consello da Cultura Galega. O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha este programa que ten por obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Na primavera de 2019 inauguramos en Galicia o ciclo e acollemos, primeiro en Compostela e despois en Vigo, as dramaturgas Patrícia Portela e Lina Pérez. Escoitaremos os seus textos orixinais nas voces de alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo “Eu.Experimento” e teremos ocasión de departir coas dúas escritoras nun debate moderado por Afonso Becerra. Por volta do verán, a actividade terá continuidade en terras portuguesas.
Neste enlace pode obter máis información e nestoutro facer a súa inscrición na sesión que terá lugar no Consello da Cultura Galega.
Fichas técnicas das obras:
– Escudos Humanos. Uma peça de acção con muitas palavras (2008) de Patrícia Portela
Intérpretes: Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões, Instituto da Cooperação e da Língua, I.P. en Vigo – Eu.Experimento
Dirección: Vanesa Sotelo
Duración: 20 minutos
– Os cans non comprenden a Kandinsky (2017) de Avelina Pérez
Intérpretes: Alumnado da ESAD de Vigo
Dirección: Nuria Montero, profesora e actriz
Duración: 20 minutos
O 9 de abril, ás 16:30 horas, esta sesión de lecturas dramatizadas repetirase na sede da ESAD de Vigo.
Porto: Poesía galega no Porto. Arrincando marcos 2019
PROGRAMA (todos os actos son públicos):
– 15:30 h. Entrega de cravos vermellos na estatua de Rosalía de Castro, na Praza da Galiza.
– 17:00 h. Rolda de Prensa.
– 19:00 h. Recital conxunto dos oito poetas.
– 21:00 h. Leitura colectiva do texto Que é Galicia?, de Lois Pereiro.
– 24:00 h. Chamado aos pobos galego e portugués.
A editora compostelá Edicións Positivas acompaña oito poetas galegas-os (que figuran no cartaz e na antoloxía editada para a ocasión), precisamente os oito últimos publicados na editorial, nunha xornada que terá como acto central un recitado conxunto na Livraria Poetria.
Este desembarco, denominado ARRINCANDO MARCOS, é o inicio dunha serie de accións para que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital.
Pontevedra: Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita, os 15 e 16 de marzo
O
Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita é unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que terá lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.
Con esta actividade preténdese reflexionar, nun momento de especial gravidade no relativo á vulneración na Galiza e no Estado español de dereitos culturais, sociais, políticos, etc., sobre a vinculación entre a escrita literaria e a defensa dos dereitos civís e identitarios, da xustiza social e da liberdade de expresión nas súas máis diversas formas. A defensa destes dereitos humanos é a cerna dos valores irrenunciábeis, que guiarán este parlamento na súa temática e convocatoria, así como nas súas reivindicacións e pronunciamentos.
PROGRAMA
Venres 15 de marzo no Pazo Mugartegui (Praza da Pedreira). Entrada libre e gratuíta até completar o aforo.
Tarde
16:30 Mesa redonda. Liberdades civís e dereitos nacionais. Moderador: Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG).
– Relatoras-es: Carme Adán (ensaísta e filósofa), Laura Mintegi (narradora vasca) e Clàudia Pujol (novelista e historiadora catalá, da directiva do Òmnium Cultural).
18:30 Mesa redonda. Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade. Moderadora: Mercedes Queixas (secretaria xeral da AELG).
– Relatoras-es: Joan Elies Adell Pitarch (poeta, tradutor, filólogo e director da Institució de les Lletres Catalanes), Ana Luísa Amaral (poeta portuguesa) e Suso de Toro (narrador e ensaísta).
Sábado 16 de marzo
Mañá. Pazo da Cultura. Seminarios 2 e 3. (Rúa Alexandre Bóveda, s/n.).
10:30 a 12:00. Grupo de traballo Feminismos. Identidades. Coordinadora: Marta Dacosta.
– Relatoras-es: Daniel Asorey, María Reimóndez e Antía Yáñez.
10:30 a 12:00. Grupo de traballo Desposesión da terra e da identidade. As migracións de hoxe. A emigración galega no século XXI. Coordinador: Xoán Carlos Domínguez Alberte.
– Relatoras-es: Ana Acuña, Vicente Araguas e Afonso Becerra. Incluiranse comunicacións escritas de varias persoas residentes fóra de Galiza, para completar a perspectiva deste grupo de traballo (María Alonso Alonso e Helena Miguélez-Carballeira).
12:30 a 14:00. Grupo de traballo Lingua e patrimonio cultural. Papel do/a creador/a na sociedade actual e exercicio de dereitos nacionais. Coordinador: Antonio Reigosa.
– Relatoras-es: Pilar García Negro, David Otero e Diana Varela Puñal.
12:30 a 14:00. Grupo de traballo Cultura, medios de comunicación e poderes. A literatura e a creación/expresión literaria como ferramenta construtora dunha sociedade libre. Coordinadora: Rosalía Fernández Rial.
– Relatoras-es: Manuel Bragado, Camilo Franco e Ana Romaní.
Tarde. Teatro Principal (Rúa Paio Gómez Chariño, 6). Entrada libre e gratuíta até completar o aforo.
17:00 a 19:00 Lectura e debate das achegas das mesas e grupos de traballo anteriores. Cesáreo Sánchez, Mercedes Queixas, e as/os coordinadoras/es dos grupos de traballo da mañá.
19:30 Acto literario e musical. Con Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés, Marica Campo, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Antonio García Teijeiro, Antía Otero, Eli Ríos, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Rafa Vilar. Conducen: Aldaolado (Lucía Aldao e María Lado).
Compostela: “Asaltos! á letra: poesía”
O 17 de novembro, ás 12:00 horas, no Auditorio Neira Vilas (Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura), terá lugar “Asaltos! á letra: poesía” (a reserva pode facerse aquí):
“Os ollos da poesía observan o mundo e a nós cun prisma de moitas cores, mais… vémola nós igual?
Neste duelo a tres versos asaltaremos os grandes mitos da poesía, os seus mecanismos de canonización e expansión ou a capacidade dun só verso para construír, desde o minúsculo, un mundo enteiro.
Loitaremos neste ring co poético e contra a poesía, para extraer dela o maior número de visións: a poesía que mira a música, a poesía que mira o canon, a poesía que mira o slam…
Modera: Silvia Penas, poeta, filóloga, performer, e vocalista de Cinta Adhesiva. Púxiles:
– Chus Nogueira, crítica literaria, filóloga e ensaísta galega. Foi presidenta da Asociación Galega da Crítica.
– Antón Blanco, poeta, filólogo e músico. Foi batería de Atrás Tigre.
– Elías Portela, o poeta pontevedrés é Premio Poesía Afundación. Considerado un dos escritores máis importantes da literatura islandesa actual.”






