Calros Solla, escritor: “A prensa previa aos mass media recollía os mitos que forman parte do noso celme”

Entrevista a Calros Solla na Televisión de Galicia:
“Na parroquia de Cequeril, en Cuntis, unha muller de 78 anos que levaba 20 cega, recobrou a vista o día de Nadal de 1954. En Muros, o 5 de xuño de 1949 ás 7 da tarde, empezou a chover dentro da igrexa mentres fóra lucía o sol. En 1888, na parroquia de Millerada, en Forcarei, unha muller levaba dez anos sen comer nin beber… Son algunhas das novas da prensa da época recollidas por Calros Solla en Crónica da Galicia bizarra. A entrevista pode verse aquí.”

“Achegámonos ao máis bizarro do país con Calros Solla”

Entrevista a Calros Solla no Diario Cultural da Radio Galega:
Crónica da Galiza bizarra (Edt. Morgante) reúne, ao longo de 120 anos, 125 microhistorias de rara caste, misteriosas e sorprendentes, fabulosas e extraordinarias en sentido amplo; aparecidas na frutuosa prensa galega de aquén e alén mar, upadas na peaña da primeira plana ou desapercibidas nun recuncho da páxina par. Nelas nos somerxemos co autor desta obra, Calros Solla. A entrevista pode escoitarse aquí.”

A Coruña: presentación de O modelo do Big Bang e a xestación do Universo, de Ramón Vilalta

O luns 13 de decembro, ás 20:00 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Ramón Vilalta presenta o seu libro O modelo do Big Bang e a xestación do Universo. As persoas interesadas deben inscribirse mediante este formulario.

Pontevedra: Culturgal 2021, do 26 ao 28 de novembro