Arquivo da categoría: Divulgación
Redondela: acto destacado do 7 de xuño na Feira do Libro 2019
O
7 de xuño continúa a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación de Pelo de nube, de Dani Viéitez e Iria Iglesias, publicado por Embora.
– 20:45 h. Presentación de As Penlas de Redondela, de Telmo Crespo Tojeiro, publicado por Imprenta Amador Pérez.
Ourense: actividades destacadas do 1 de xuño na Feira do Libro 2019
O
1 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Sinatura de O galego mola, de Isabel Villanueva (Isashopaholic), na caseta da Libraría Cortizas.
– 18:45 h. Presentación de O tempo meteorolóxico, de Miguel Robledo, publicado por A Mesa. Participa Mónica Pazos.
– 19:30 h. Coloquio sobre Eternos propietarios, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Tandaia (Edicións do Peirao). Participan Eladio Medel e Francisco Javier Fontela.
– 20:15 h. Presentación de Kallaikos. Unha viaxe á Galiza Céltica, de Francisco Boluda.
Ourense: actividades destacadas do 31 de maio na Feira do Libro 2019
O
31 de maio continúa a Feira do Libro de Ourense (na rúa do Paseo), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Presentación de A banda de Raimunda, de Pablo Nogueira, publicado por Baía Edicións. Participa Belén López Vázquez.
– 18:00 h. José Julio asina O cirrio e o dron na caseta da Libraría Pedreira.
– 20:15 h. Presentación de Sulagar o soño, de Montserrat Villar González, publicado por Lastura. Participan Teresa Dávila e Xosé Luís Troitiña.
– 21:00 h. Presentación de Remedios da nosa horta medicinal, de María Frá Bagaria, publicado por Baía. Participa Belén López Vázquez.
Monterroso: presentación de As Feiras de Monterroso
Xosé Ramón Pena: “A Guerra Civil tronzou o xerme da normalización cultural de Galicia”
De 1936 a 1975. A ‘longa noite’, historia da literatura de galega, de Xosé Ramón Pena
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A ‘Longa noite de pedra’ inclúe a literatura da posguerra ata o segundo Rexurdimento. O relato literario acompáñase dun relato histórico, político e cultural de cada período. A entrevista pode verse aquí.”
Compostela: IV Xornadas de Nova(s) Narrativa(s)
Pisa: Encontro sobre a literatura galega onte e hoxe
O martes 7 de maio terá lugar un encontro na Universidade de Pisa onde se presentarán as tres obras que desde os Centros de Estudos Galegos de Italia se publicaron no ano 2018. A esta cita acudirán os directores dos tres centros que existen neste momento en Italia: Giovanni Borriero da Universidade de Padova, Attilio Castellucci da Universidade La Sapienza de Roma e Carlo Pulsoni e Marco Paone da Universidade de Perugia. Con eles conversarán Fabrizio Cigni e Valeria Tocco en representación da Universidade de Pisa.
Organiza o encontro a cátedra Antero de Quental–Camões integrada no Departamento de Filoloxía, Literatura e Lingüística da Universidade de Pisa. Cómpre destacar a vitalidade dos Centros de Estudos Galegos de Italia xa que no ano pasado deron ao prelo os volumes Lois Pereiro. Poesia ultima di amore e malattia a cargo de Marco Paone e publicada pola editorial Aguaplano, unha tradución do célebre libro do autor monfortino; La letteratura galega. Autori e testi, a cargo de Giovanni Borriero e Gemma Álvarez Maneiro publicada pola editorial Carocci, e La lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese, a cargo de Pär Larson e publicada tamén por Carocci.
De feito, esta última editorial, de grande prestixio no ámbito universitario italiano, habilitou a colección Finisterrae coa finalidade de dar a coñecer textos relacionados co ámbito cultural galego. A selección e edición dos volumes da serie Finisterrae corre a cargo dos tres directores dos centros de Estudos Galegos en Italia.









