

Desde a AGPTI:
O próximo 15 de novembro terá lugar en Cambados o I Seminario Permanente de Tradución Plácido Castro, organizado pola Fundación Plácido Castro e a AGPTI (coa colaboración do Concello de Cambados e a Consellería de Cultura). Esta primeira edición xirará arredor da obra As Iluminacións, de Arthur Rimbaud, e contará coa presenza das gañadoras do Premio Plácido Castro 2023 pola súa tradución, Tamara Andrés e Oriana Méndez.
O seminario, que se desenvolverá no Salón José Peña (rúa do Borrón, 14) e no que se traballará no par de linguas francés-galego, está dirixido a estudantes e persoas iniciadas no proceso de tradución, así como a calquera outra persoa con interese e competencia lingüística. A sesión complementarase cun faladoiro aberto ao público xeral, coa participación das autoras e a dinamización da tradutora Béatrice Pépin, e mais cun roteiro por Cambados arredor da vida e obra de Plácido Castro e a súa relación con esta vila.
O programa completo é o seguinte:
9.45-10.00: Recepción e benvida
10.00-12.00: Seminario de tradución (primeira parte)
12.00-12.30: Descanso e desprazamento a pé ata a Casa da Calzada, Sala Pitusa Cabanillas
12.30-14.00: «A tradución como diálogo constante», faladoiro coas autoras (dinamiza: Béatrice Pépin)
14.00-16.30: Pausa e xantar
16.30-18.30: Seminario de tradución (segunda parte)
18.30-19.30: Roteiro Plácido Castro por Cambados
Tanto o seminario como o faladoiro e o roteiro son gratuítos, mais para o seminario hai prazas limitadas (25), polo que é preciso facer a preinscrición neste formulario antes do 7 de novembro.
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a segunda parte:
– Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas:
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a primeira parte:
– Apertura do Encontro Galeusca:
– Relatorio inaugural, por Goizalde Landabaso (EIE). A versión en galego do relatorio de Goizalde Landabaso pode descargarse aquí:
O 19 de outubro de 2025, o xurado do VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal, dentro da X Xornada da Sección de Literatura Dramática, formado por Afonso Becerra Arrojo, en representación da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña e Membro da Xunta Directiva de La Red do Estado español; Célia Maria Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Portugués en Vigo; e Fefa Noia, directora adxunta do Centro Dramático Nacional do Estado, convidada de honra desta edición; despois de deliberar tras ter presenciado as propostas achegadas e considerar tamén as votacións dos grupos participantes, chegou, finalmente, ao acordo de que a peza premiada coa posibilidade da súa estrea nalgún dos espazos teatrais da cidade da Coruña ao longo de 2026-2027 sexa:
– GRACIAS POR SU VISITA, de Uxía Algarra.
Recibiron tamén mención de honra as propostas A voz interior, de Diana Sieira, e Rocky e a man máxica de protección, de Fernando Tato.
O xurado quere destacar a gran calidade de todas as propostas desta edición do Festival.
Uxía Algarra
Diana Sieira
Fernando Tato
(Fotos enviadas por Alberte Bello)