A AELG lamenta fondamente o pasamento de Xoán Bernárdez Vilar

A AELG lamenta fondamente o pasamento do escritor, historiador e ensaísta Xoán Bernárdez Vilar, sumándonos á dor da súa familia. A súa fecunda creatividade, tanto na narrativa como no ensaio histórico, achegouse tamén ao territorio da tradución, obtendo diversos premios ao longo da súa traxectoria.

Xoán Bernárdez Vilar fora membro do Consello Directivo da AELG entre 1984 e 1985. Pode consultarse a continuación a dolorosa noticia recollida na páxina web da Real Academia Galega, da que era membro correspondente desde 2003.

A Coruña: presentación da edición conmemorativa de Recuperemos as mans e Evidencias

O 19 de marzo, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, terá lugar a presentación da edición conmemorativa de Recuperemos as mans e Evidencias, de María Xosé Queizán, coa participación de Carme Adán, unha publicación do Consello da Cultura Galega.