Arquivo da categoría: Ensaio
Publicada La lingua delle cantigas, de Pär Larson
“En
Italia, o 11 de outubro de 2018, verá a luz, na editorial Carocci de Roma, un libro pensado e concibido como un manual para a Universidade, pero que, en verdade, é un manual que reviste un grande interese para todos aqueles que miran a a Galicia, que se ocupan ou aman a súa historia e a súa literatura. La lingua delle cantigas, subtitulada Grammatica del galego-portoghese, escrita por un filólogo sueco afincado en Italia, Pär Larson, constitúe a primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores da Península Ibérica –desde Galicia e Portugal ata o reino de Aragón–, entre finais do século XII e mediados do XIV, para compor tanto poesía lírica sacra (as Cantigas de Santa María de Afonso X) como profana (cantigas de amor, de amigo e de escarnio e mal dizer).
Esperemos que este «libriño moi xeitoso e de enorme utilidade tanto para investigadores coma estudantes» (H. Monteagudo) encontre o público que se merece entre os estudosos e interesados na materia tanto en Italia, Galicia e Portugal como en calquera punto da Península ou da globalidade curiosa por achegarse a un patrimonio literario de excepcional valor e riqueza.”
Betanzos: presentación de Lingua de Eva e Adán, de Xavier Seoane
Compostela: presentación dos XXXVIII Cadernos Ramón Piñeiro. María Victoria Moreno. Homenaxe
Noia: presentación de O país sen fronteiras, de Xerardo AgraFoxo
Fene: presentación Tonecho, de Xaquín Marín, e X. Marín, de Félix Caballero
A Coruña: presentación de Xeración Perdida. Coruña 36′
Porto: tertúlia “A Imagem de Portugal na Galiza versus A Imagem da Galiza em Portugal
A Coruña: presentación de A fábrica de tabacos da Coruña e a fábrica de mistos, de Ana Naseiro
Burela: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 1 e 2 de setembro
O
domingo 2 de setembro remata a Feira do Libro de Burela, que estará aberta na Praza da Mariña, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 1
– 19:00 h. Presentación de Senlleiras, de Antía Yáñez, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Presentación de Conserveiras de Celeiro, de Carlos Nuevo Cal.
– 21:00 h. Presentación de Hai mulleres, de Otero Regal.
Domingo 2
– 20:00 h. Presentación de Crua e Nua, libro de poemas ilustrado de Suevia Figueroa e Otto Treto.







