Arquivo da categoría: Ensaio
Vilalba: presentación de Sacar a lingua é de mala educación, de Manuel Núñez Singala
Gondomar: presentación de As artes da vida de Ánxel Huete, de Xosé María Álvarez Cáccamo
Madrid: presentación de Salgueiro Maia. A liberdade non é unha utopía
Compostela: presentación de O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional
Noia: presentación de Carlos Casares. Un contador de historias, de Henrique Monteagudo
Rianxo: presentación de Transmigrantes, de María Alonso Alonso
Lugo: presentación de Himno galego: unha historia parlamentar (inconclusa), de Pilar García Negro
Xabier Maceiras: “O Balneario e o Santuario de Pastoriza foron os que situaron Arteixo no mapa”
Entrevista
a Xabier Maceiras en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): Que pode lerse no libro [Crónicas de Arteixo]?
– Xabier Maceiras (XM): É unha viaxe ao Arteixo de antes. Dos anos 40, 50 e así ata chegar aos 70. Son 38 crónicas nas que se fala dos primeiros locais de hostelería e de como era a vida do concello neses días e tamén a vida das parroquias. Fálase das percebeiras de Rañobre, do aeroporto que estivo a piques de asentarse en Arteixo e fálase de fútbol. Aparecen dous capítulos de Arsenio Iglesias: un da súa etapa como xogador e outro como adestrador. Hai un pouco de todo. Moitas delas que a xente descoñecía.
– LO: Como está estruturado o libro Crónicas de Arteixo?
– XM: As 38 crónicas están postas por orde cronolóxica.
– LO: O libro parte do seu blog, Crónicas de Arteixo. Por que decidiu abrir este espazo na rede?
– XM: Decidín crear o blog porque sempre fun consciente de que as informacións que fun xuntando ao longo da miña vida non ían chegar a papel. O blog nace para difundir esas historias antes de que se perdan. Ese era o obxectivo. (…)”








