Arquivo da categoría: Ensaio
Noia: presentación de Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo
Compostela: presentación de Quem fala a minha língua?
A
terza feira 24 de setembro, ás 20:00 horas, na Livraria Ciranda (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, preséntase o libro Quem fala a minha língua?, publicado por Através Editora. No acto participan Valentim R. Fagim e Jairo Dorado.
Ribeira: presentación de Cantares gallegos, hoxe, de Pilar García Negro
A Coruña: presentación do segundo volume da toponimia de Nicandro Ares na Real Academia Galega
Desde
a Real Academia Galega:
“O segundo volume da toponimia de Nicandro Ares, compilada e indexada por Antón Santamarina, completa a publicación da totalidade dos estudos toponímicos de Nicandro Ares por parte da Real Academia Galega.
O presidente da Academia, Alonso Montero, despois de escusar a ausencia do autor dos textos, Nicandro Ares Vázquez, debido á súa avanzada idade, salientou a importancia da publicación desta obra que recolle todos os escritos sobre toponimia dun dos grandes eruditos nesta materia no noso país.
Pola súa parte, o coordinador do Seminario de Toponimia, Ramón Lorenzo, destacou o gran labor de edición feito por Antón Santamarina, autor tamén dun exhaustivo índice de temas de grande utilidade para o lector.
Antón Santamarina, membro de número da Academia e editor da obra, comezou a súa intervención debuxando unha breve biografía de Nicandro Ares. Nado en Santa Eulalia de Bóveda, na súa mocidade ingresou no Seminario de Lugo onde foi alumno do arqueólogo Francisco Vázquez Saco, quen o introduciría no estudo desta especialidade e da epigrafía. Xa a partir de 1964, Nicandro Ares encamiña o seu interese cara á ciencia toponímica que, tal e como lembrou o profesor Santamarina, se basea na dilucidación da orixe dos nomes de lugar atendendo a dous principios: o respecto ás leis da evolución fonética das palabras e á súa congruencia semántica. “No caso daqueles termos escuros aínda a partir destes dous principios, hai que botar man dos textos antigos para procurar a súa orixe, e aquí é onde Nicandro Ares amosa un grande olfacto á hora de pescudala remexendo nunha gran cantidade de documentación”, apuntou Antón Santamarina.
Coa saída deste segundo volume de Estudos de toponimia galega de Nicandro Ares Vázquez, a Academia completa a edición dos 178 artigos sobre toponimia deste autor, publicados en diversos medios entre 1964 e 2011, e centrados sobre todo na casuística da provincia de Lugo.”
Compostela: presentación de Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato
O
xoves 19 de setembro 2013, ás 20:15 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Goretti Sanmartín Rei, Xosé Manuel Sánchez Rei e Manuel Bragado.
Destacada presenza galega nos Encuentros de Verines
Desde Cultura Galega:
“O Consello da Cultura Galega participará na organización dos Encuentros en Verines, unha tradicional cita literaria que desde o ano 1985 reúne na Casona de Verines, en Pendueles (Asturias) a destacados creadores das distintas literaturas e linguas do Estado español. Os Encuentros están organizados polo Ministerio de Cultura e contan coa colaboración do Instituto Etxepare, o Institut Ramon Llull, e o Consello da Cultura Galega.
Os Encuentros en Verines teñen por obxectivo “propiciar o intercambio intelectual entre escritores de todas as linguas de España, para debater sobre o estado das letras nos seus distintos xéneros e con diferentes enfoques”, segundo o Ministerio de Cultura. Por parte galega participarán Luisa Castro, Suso de Toro, Víctor Freixanes e Miguel Anxo Murado, canda recoñecidos escritores doutras linguas do Estado como Xuan Bello, José María Merino, Carme Riera, Miren Agur, Luís García Montero, Soledad Puértolas, Jon Juaristi ou Luis Mateo Díez, entre outros. Están organizados por Víctor García de la Concha.
O programa deste ano propón unha reflexión sobre os últimos trinta anos das letras no Estado a partir do propio aniversario dos Encuentros. A presenza galega será visible en mesas como O diálogo entre as linguas, na que participará Víctor F. Freixanes, 30 anos de poesía, que contará coa presenza de Luisa Castro ou de Linguas e Pensamento, na que falará Suso de Toro. A presenza galega complétase coas reflexións de Miguel A. Murado na mesa El Filandón, relatos e outras ficcións.”
Compostela: presentación de Meninos de São Raimundo, de Roberto Lima e Bispo Filho
Betanzos: presentación de Raíz e canto I, de Xulio López Valcárcel
O
xoves 12 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase o ensaio Raíz e canto I. Nomes para unha crónica vital e literaria, de Xulio López Valcárcel. No acto, xunto ao autor, participa Tucho Calvo.
Betanzos: presentación de A xanela insólita, de Jorge Emilio Bóveda
O
mércores 4 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase a obra A xanela insólita, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Urco Editora. No acto, xunto autor, participa David Cortizo.



