Entrevista
a Rosalía Fernández Rial en La Voz de Galicia:
“Rosalía Fernández Rial está acostumada a moverse entre distintos mundos que acaban por fundirse nun só. A súa dobre orixe, carballesa e muxiá, foi quen de inspirar unha irmandade artística entre as dúas localidades. E a súa paixón polas artes escénicas e a súa vocación docente lle permitiron alumear unha orixinal tese doutoral -que defendeu con éxito hai poucos días na Facultade de Ciencias da Educación da USC- na que avoga por «unha metodoloxía nova para ensinar linguas que se fundamenta no uso da expresión dramática teatral». O seu paso polo IES Parga Pondal co seu traballo de fin de máster foi o xerme desta tese á que dedicou catro anos da súa vida, pero que non lle restou forzas para canalizar as súas inquietudes artísticas por eidos diversos.
De feito, explica que non existe dicotomía entre a súa formación no eido da docencia e a súa vea creativa: «En realidade é o mesmo; o produto é o mesmo, pero contemplado desde distintos puntos de vista porque se na actividade artística traballo o poético, o literario e a expresión dramática e a linguaxe escénica, no enfoque didáctico fago o mesmo pero dedicado á comunidade educativa. As ferramentas coas que traballo son comúns».
Sen abandonar a poesía, ten transitado tamén cos seus versos e da man do pianista Serxio Moreira por territorios sonoros. O seu proxecto conxunto ELO figura na relación de candidatos dos premios Martín Códax. «Non esperaba estar para nada nunha categoría musical deste tipo. Si que fixen conservatorio, sempre me gustou a música e foi algo importante na miña vida, pero máis a nivel persoal que a nivel profesional. Sempre me centrei no literario, pero é certo que nesa mestura de linguaxes ao final foi confluíndo na musical dun xeito sorprendente».
Proba diso é Catálago, un proxecto expositivo no que comparte espazo con Mon Lendoiro, Chiña e Paco Souto tendendo «pontes» para crear entre os catro «un novo produto nunha dimensión interdisciplinar», é outro exemplo da súa capacidade para aproveitar sinerxías. Os resultados pódense ver no Pazo da Cultura de Carballo desde o día 3 deste mes e para o luns 28 os catro teñen previsto poñer en escena unha performance conxunta.
«Sempre hai que negociar pero iso forma parte da propia vida e da propia existencia. Precisamente nese camiño, nese proceso que se vai tecendo é cando a obra pasa a ser algo conxunto e os puntos de encontro sempre levan a mellora». (…)”
Arquivo da categoría: Entrevistas
Entrevista ao poeta Eduardo Estévez
Entrevista
a Eduardo Estévez na Radio do IES de Brión:
“O departamento de Dinamización Lingüistica en colaboración co departamento de Lingua Galega organizou unha entrevista con este informático de profesión e poeta de devoción nado na Arxentina que decidíu escribir, sentir e vivir en galego. Participaron dous alumnos de 1º de BACH, Lois Mera e Brais Cuns que fixeron un traballo en clase de Literatura Galega sobre o libro de Eduardo Entrar na casa. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Entrevista a Andrea Nunes Brions
Entrevista
a Andrea Nunes Brions en Palavra Comum:
“- Palavra Comum (P): Que representa para ti a poesia?
– Andrea Nunes Brions (ANB): Para min a poesía supón unha forma de crecer e partillar, de entrar no ollo das outras, de verse unha mesma danificada nun verso ou espallada nunha metáfora, de me inventar e de rachar co establecido. É unha forma tamén de denuncia, de remover.
É iso que nos axuda a continuar camiñando, esa dose necesaria na vida para non afundir, para sentirme nas outras e sorprenderme. A poesía é “unha arma cargada de futuro” como dicía Celaya, mais é tamén como expresou despois AJO, “unha arma cargada de imperfecto, de pasado imperfecto”. (…)
– P: Que perspetiva tens sobre o estado actual da criatividade cultural, e que conexões -reais ou potenciais- encontras com outros espaços culturais (Lusofonia, etc.)?
– ANB: Temos unha enchente de persoas a facer cousas interesantes e únicas no país, persoas moi creativas e moi implicadas nas diversas formas de creación. Propostas diferentes, coraxosas, transgresoras. A situación, porén, como en todos os eidos, é inxusta. Como no caso das mulleres escritoras, que precisan (mos) de espazos de visibilización e de recoñecemento e autoridade que nunca se lles dá ás súas creacións, ao igual pasa coa escolla ortográfica. Con respecto á lusofonía, agora comezan a agromar propostas moi potentes desde Galiza, mais continúa habendo unha marxinalidade excluinte, e precisamos dunha “irmandade” real, para poder aportar e achegarnos as creacións que a nosa lingua posúe. (…)”
Entrevista a Miguel Vázquez Freire: Ensinar, non sen a poesía
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Ensinar, non sen a poesía: o monográfico da Revista Galega de Educación. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Henrique Harguindey Bonet edita a Historia do nobre Ponto
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Única tradución completa da novela medieval que narra as aventuras de Ponto, fillo do rei de Galiza, que se namora de Sidonia, a filla do rei de Bretaña, feita por Henrique Harguindey. A entrevista pode verse aquí.”
Anxo Angueira: “Con Follas Novas, Rosalía entra na alta poesía europea”
Jorge Mira e María Canosa presentan o seu novo libro, A que altura está o ceo?
Desde
a Televisión de Galicia:
“O físico e divulgador científico Jorge Mira presentou esta tarde o seu segundo libro, A que altura está o ceo?, escrito coa participación de María Canosa. Nel non só responde a esa curiosa pregunta. Tamén repasa a historia dos grandes descubrimentos ciéntíficos sobre o universo. A entrevista pode verse aquí.”
A enciclopedia sempre actualizable das letras galegas
Desde
Radiofusión:
“A Historia da Literatura Galega é unha enciclopedia completa sobre a arte literaria feita na Galiza e en galego. Coñecela é coñecer o país que lle deu vida. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) presenta agora en versión dixital, e da man de especialistas indiscutíbeis, unha obra para coñecermos o mellor que escribiron as galegas e os galegos que nos precederon ou que, afortunadamente, aínda conviven connosco. A web, que está en proceso de actualización e incorporación de elementos multimedia, pódese consultar no enderezo de internet literaturagalega.as-pg.gal. Aquí pode escoitarse a entrevista a Xoán Costa.”
Entrevista a Margarita Ledo
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Margarita Ledo, directora do documental sobre Manuel María: Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Antía Nara
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Coñecemos Cara ao leste: a nova obra de Antía Nara que publica Xerais. A entrevista pode escoitarse aquí.”
