Víctor F. Freixanes: “De viños e cartas”

Entrevista a Víctor F. Freixanes en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): A literatura para un escritor é ó mesmo tempo profesión e hobby?
Víctor F. Freixanes (VF): Máis ben diría que, para un escritor, a literatura é unha especie de chute en vea.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
VF: No meu caso teño varios, e tamén por varias razóns. Poden ser para ir lendo, para ve-lo que están facendo os colegas, ou para ir adquirindo unha aprendizaxe para logo poder compartir con outros escritores.”

Anxos Sumai: “Son indisciplinada”

Entrevista a Anxos Sumai en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): A literatura para un escritor é ó tempo profesión e hobby?
Anxos Sumai (AS): Durante moito tempo non quería velo dunha forma profesional, pero agora si que me gustaría poder vivir de escribir. Nos últimos anos decateime de que lle teño que dedicar moitas horas ó traballo que me dá de comer, que me gusta moito pero que me quita moito tempo para escribir.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
AS: No meu caso sempre estou rodeada de libros. Non hai momento do día en que non acabe abrindo un libro pola razón que sexa, para gozalo, informarme, aprender un pouco máis… Para min é algo cotián.”

Suso de Toro: “Coñecería a Franco”

Entrevista a Suso de Toro en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Cales son os seus plans?
Suso de Toro (SdT): Polo medio quedan cousas de toda unha vida profesional e tamén de presentacións do último libro. Xa rematei todo, quédanme flocos que teñen máis ben que ver coa vida persoal. Por exemplo, esta semana irei a Sanxenxo asinar libros, pero por algo que tiña prometido ó meu amigo Xaime, da librería Nós. Tamén irei presenta-lo libro á vila do meu pai. Meu pai xa non vive e algúns dos veciños que aparecen no libro tampouco, é un acto de gratitude a eles. (…)
GH: Ten algún proxecto en mente para a próxima temporada?
SdT: Xa non teño ningún proxecto literario nin doutro tipo. Deixeinos pechados no armario.”