Finaliza
a nova edición da FESTA DO LIBRO, nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da Coruña, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o martes 17:
– 12:00 h.- Lectura colectiva e música. Organiza Queremos Galego. No Obelisco.
– De 17:30 a 19:30 h.- “Se queres un retrato faicho Xurxo Lobato”. Se compras libros na Festa agasallámosche cun retrato que che fará Xurxo Lobato e que poderás visualizar, engadir notas, comentarios e descargar en tamaño e resolución orixinal desde Flickr. No Palco da Música.
– 18:00 h.- Presentación da serie de novelas “Suso Espada”, de Francisco X. Fernández Naval (Ed. Everest). Lectura de fragmentos da última entrega “Suso Espada. Nota Roja“. Participan Irene Penas, directora de Everest Galicia e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
– 18:00 h.- Visita guiada á exposición de Quintana Martelo. No Kiosco Alfonso.
– 19:00 h.- Actuación de Nova Galega de Danza: “Tradicción“. Diante do Kiosco Alfonso.
– 20:00 h.- “Declaración audiovisual: Lois Pereiro“, por Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso.
– 20:30 h.- “Moita poesía, pouca diversión”. Lucía Aldao e María Lado. Diante do Kiosco Alfonso.

martes 15 de marzo ao martes 19 de abril, con horario de 18:30 a 21:00 h., no local da
xoves 17 de febreiro ao domingo 1 de maio, no Verbum-Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17) de Vigo, e en horario de 10:00 a 19:00 h., pódese visitar a exposición
venres 3 de decembro ao domingo 30 de xaneiro, na Zona C (San Domingos de Bonaval, s/n.) de Santiago de Compostela, pódese visitar a mostra poética e pictórica Poesía Suspensa, comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares. O proxecto aspira a seducir cara o pensamento que emana das 52 pezas poéticas doutros tantos autores, así como dos cadros e ilustracións levadas a cabo polos pintores Xurxo Gómez-Chao, Isabel Pintado e
exposición Ex libris Gallaeciae. Dos libros de Galicia está xa aberta, até o 25 de febreiro, no Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia, reúne 83 libros, códices ou manuscritos considerados clave na construción da cultura galega. Trátase dunha escolma de “xoias bibliográficas” que en conxunto trazan un relato de como se construíu a cultura galega e que van desde os primeiros textos romanos que comezan a definir un territorio co nome de Callaecia ata o primeiro libro electrónico en galego. A mostra está composta por unha selecta escolma de pezas que, por diferentes motivos, definen momentos clave na historia de Galicia. Prestadas por bibliotecas, arquivos e coleccións privadas de Galicia e do resto de España, é a primeira vez que se conseguen reunir nunha mesma exposición, incluíndo mesmo algunha obra que ata o de agora nunca se amosou ao público. Comisariada polo historiador Xosé Ramón Barreiro, ex presidente da Real Academia Galega (RAG), e por
sábado 20 de novembro, ás 12:00 h., no Concello de Moaña (Rúa das Barxas, nº 2), comeza a exposición do II Concurso de fotografía Lactación Materna 2010, organizado por
motivo da celebración do 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro a