Entrevista
a Francisco Castro en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): O teu artigo do A Fondo titúlase “Menos gramática e máis fantasía”. A educación é clave e ti fas un chamamento a mellorala. Cales son as súas principais eivas?
– Francisco Castro (FC): A eiva máis grande é que no fondo as leis educativas non se toman en serio a promoción da lectura. É máis papel mollado, máis declaración de intencións que outra cousa. E outra eiva é o feito de que nunca haxa unha dotación importante de cartos para que as bibliotecas escolares estean nutridas. Sempre poñemos o exemplo de Finlandia, como o espello onde hai que mirarse, e cando rañamos un pouquiño no sistema educativo finés, alí non están obsesionados con ter un computador por alumna na aula, ou non están preocupados por sacar unha boa cualificación nos informes PISA, aínda que logo a sacan, senón que todo o sistema educativo gravita arredor do núcleo central da escola, que é a biblioteca e o libro. Outra eiva brutal é que nas escolas de Maxisterio non hai formación en promoción da lectura. Non hai nin unha soa materia relacionada coa literatura infantil e xuvenil. Por dicir tres que se me ocorren. (…)
– SG: Á marxe das cuestións educativas, que medidas se poderían tomar na promoción da lectura?
– FC: En seguida se lles enche a boca aos nosos políticos dicindo “hai que facer un pacto de estado para nonseiqué”. Eu aínda non vin nin desde Madrid nin desde a Xunta ningunha clase de acción que nos faga pensar que se toman en serio a cuestión da prmoción da lectura, xa non quero cinguirme á lectura de obras galegas, só lectura. Eu teño claro que é máis importante fomentar a lectura que apoiar o libro, e o digo como editor que vive do libro. É básico. Porque se non hai lectores obviamos falar de sistema literario. (…)”
Arquivo da categoría: Lectura
Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2016, no Panteón de Galegos Ilustres, o domingo 21
- Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa.
- Negra Sombra (Letra: Rosalía de Castro; música: J. M. Capón).
- No escuro (Letra: R. Cabanillas; música: Fuxan os Ventos; arr.: F. Tobar Cereijo).
- Lectura do Manifesto da AELG. Suso de Toro.
- Lectura de poemas rosalianos:
María Xesús Astray Rodríguez
Afonso Becerra
Rosalía Fernández Rial
Margarita Ledo
Celia Parra
Mercedes Queixas Zas
Eli Ríos
Isabel Risco
Alba María
Francisco Susavila - Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa:
Na morte de Castelao (Letra: R. Cabanillas; arr.: F. Tobar Cereijo).
Os soños na gaiola (Letra: Manuel María; arr.: F. Tobar Cereijo). - Ofrenda floral.
- Interpretación do himno.
Betanzos: homenaxe a Rosalía de Castro, con María Lado e Lucía Aldao
Vigo: palestra-coloquio Como fomentar de verdade a lectura?
Pastoriza (Arteixo): Rimando e xogando con Manuel María, por Ana Hermida (Lisístrata Asociación)
O xoves 18 de febreiro, ás 18:50 horas, na Biblioteca Miguel Sande, de Pastoriza, Arteixo, terá lugar a actividade Rimando e xogando con Manuel María, coa que se renderá unha homenaxe a Manuel María, neste seu ano das Letras Galegas. O autor chairego será obxecto de lecturas, xogos, rimas, cancións… Unha maneira de achegar ao público infantil o seu traballo e a súa figura que estará nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí se acheguen. Haberá pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e outras nas que interactúan coa contadora.”
Compostela: conversa con María López Sández arredor de O faro escuro
Pontevedra: lectura, presentación e coloquio arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O
xoves 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11, a carón do Teatro Principal), en Pontevedra, terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicada en Xerais. No acto, organizado pola editora e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Carmen Durán (directiva do Ateneo), Héctor Blanco (músico) e Manuel Bragado.
A Coruña: lectura pública de poesía de Lois Diéguez
A Estrada: Homenaxe a Balbino. Na lembranza de Xosé Neira Vilas
As persoas interesadas poden inscribirse aquí para participar na lectura.
Carballo: lectura, presentación e coloquio arredor de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
O
xoves 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo (Rúa Bos Aires, s/n), terá lugar a lectura, presentación e coloquio arredor da novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Manuel Bragado.




