Ferrol: actos destacados do sábado 25 e domingo 26 na Feira do Libro

OFeira do Libro Ferrol 2015 domingo 26 de abril finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:

Sábado 25:
19:00 h. Concha Blanco presenta O balcón do meu universo, publicado por Embora.
20:00 h. Concha Blanco asinará exemplares do seu libro A pantufla de Celia, na caseta da Libraría Pedreira.

Domingo 26:
12:00 h. Antón Cortizas na Feira do Libro. Lectura pública de libros do autor, que asinará exemplares da súa obra ao remate do acto. Os libros para a lectura, serán: Contos de vento e de nunca acabar (Galaxia), Vaia tropa! (Xerais), Historias e algún percance, todas ditas en romance (Galaxia), Era unha vez na quimbamba (Tambre), Sopra neste furadiño… (Embora), Vestida co arco da vella (Embora) e o libro inédito Cando as follas caen (mención de honra no último premio Arume da Fundación Neira Vilas).
12:30 h. O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares dos seus libros na caseta de Espacio Lector Nobel.

Crónica fotográfica do 2015, ano Lois Pereiro, que tivo lugar o sábado 11 de abril en Monforte

Estas son algunhas das fotografías do acto 2015, ano Lois Pereiro, que tivo lugar o sábado 11 de abril en Monforte. Pódese ver a galería completa aquí.

1428908975338AnoLoisPereiro-Monforte_20150411-151428919295072100_33501428919295747100_33551428919298622100_33991428919298930100_34021428908980955AnoLoisPereiro-Monforte_20150411-12

Monforte: 2015, ano Lois Pereiro

cartel_loisPereiro_monforteAs actividades deste sábado 11 de abril en Monforte teñen a súa orixe nunha moción do grupo de goberno que foi aprobada na sesión plenaria celebrada pola Corporación Municipal o pasado 26 de xaneiro. Nesta proposta recollíase declarar o 2015 como Ano Lois Pereiro e darlle o nome do poeta á Casa da Cultura e á Biblioteca Pública Municipal.
Os actos, abertos á participación da cidadanía, comezarán ás 11:45 horas coa recepción á familia de Lois Pereiro, e ás autoridades e invitados/as.

Ás1428575716946SELO_REDONDO_DEFINITIVO_BIBLIO 12:00 h. celebrarase o acto de nomeamento da Casa da Cultura de Monforte de Lemos como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO, dándose lectura á acta da sesión plenaria onde se recolle este acordo.

Ás 12:15 h. abrirase a Biblioteca Pública Municipal e realizarase o selado de diferentes libros de e sobre Lois Pereiro co novo selo coa súa imaxe.

A partir das 12:30 h., no salón de actos da Casa da Cultura, desenvolverase un acto aberto ó público no que participarán varios autores/as pertencentes á Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Este acto comezará co saúdo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e continuará coa lectura de textos de Lois Pereiro por parte, entre outros/as, dos e das escritores/as Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretará breves pezas musicais.

O Concello encargou unhas chapas con estrofas de poemas de Lois Pereiro, chapas que se repartirán entre as persoas que asistan ao acto.
A xornada conmemorativa rematará ás 21:00 h. cun concerto na Praza de España a cargo dos grupos VERA LYNN e OS TRES TREBÓNS.

Por outra banda, as portas de acceso á Biblioteca Pública Municipal serán rotuladas coa imaxe do poeta e o nome que a partir do sábado denominará a este centro de estudo e lectura.

Ademais das actividades programadas para este sábado, ó largo do ano 2015 desenvolveranse varios actos sobre a figura de Lois Pereiro. O primeiro deles levarase a cabo este xoves día 9 de abril e terá coma escenario os tres IES da cidade.
García, integrante do grupo Dios Ke Te Crew, e o cantautor punk O Leo, ofrecerán ao estudantado de bacharelato unha charla-actuación para divulgar e motivar á mocidade na participación dos actos do sábado día 11.
García e Leo teñen musicado varios poemas de Lois Pereiro, ademais Leo (filólogo e profesor de galego) é un erudito na obra do escritor e poeta monfortino.
As charlas serán ás 10:15 h. no IES Daviña Rey, ás 12:00 h. no IES Río Cabe, e ás 13:25 h. no IES A Pinguela.

Todas estas actividades contan co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

vinilobiblioSELO_RECTANGULAR_DEFINITIVO_BIBLIO_

Con María Canosa, no club de lectura “Lendo no Galiñeiro” (IES Valadares)

DesdeMaría Canosa o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“Visitou a escritora María Canosa o Club de Lectura “Lendo no Galiñeiro” por mor da lectura do seu libro Druídas, que ocupou a atención de quen o conformamos nas últimas semanas. Foi esta novela a que centrou boa parte do encontro, desvelándose a dinámica interna da súa xestación, quer dicir, o proceso -ao que parece abondoso- de documentación e a súa plasmación na obra escrita de maneira que en boa parte o que hai nese libro se articulou, conscientemente, como unha porta aberta para acceder a outros espazos e coñecementos, suxerindo camiños, ofrecendo fíos para os que poder tirar. Un orixinal -confesou- que levaba tempo nunha gaveta e que, tras ese distanciamento, se decidiu a puír e de aí a dar o salto á editorial e ás mans do lectorado. Un libro pragado, por outra parte, de vivencias, de lecturas previas e do pouso de persoas que estiveron coa autora, algo que cifrou no feito de que “en todos os libros que escribo hai unha parte de min, do que son e do que non son”.
O diálogo, moi rico nesta ocasión, discorreu tamén pola presenza da mitoloxía no libro, do respecto á natureza e abriuse a outras obras da autora como Acuario ou Rubicundo, finalista do premio Merlín de literatura infantil. Tempo houbo tamén para que nos relatase a peripecia da publicación do seu primeiro libro (Bramido maino) no que algo tivo que ver Manuel Beiras, o que pode haber do avó de Druídas no propio avó da autora ou da concepción que posúe sobre a literatura infantil como reto persoal entre outros asuntos. Grazas á autora pola súa visita, tamén polo consello de non perder nunca a capacidade de se sorprender. No Club de Lectura nesas andamos. (…)”

Compostela: palestra “Carvalho Calero: Alicerce de uma Galiza lusófona”

ARicardo Carvalho Calero cuarta feira 25 de marzo, ás 18:30 horas, na sala de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII s/n), en colaboración coa AGAL, terá lugar unha palestra sobre a vida e a obra do profesor Ricardo Carvalho Calero coincidindo com o 25º aniversario da súa morte: “Carvalho Calero: Alicerce de uma Galiza lusófona”. Participan José Luís Rodrigues, Elvira Souto e Eduardo Sanches Maragoto.

10171762_648691931925409_1998909336790788853_n

A Estrada: lectura pública da obra de Rosalía de Castro

OEuSonRosalia___(1) sábado 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións de Abanca da Estrada, a Asociación Cultural Vagalumes organiza unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro e a proxección de I ante aquel silencio mudo.

A Estrada Dia-de-rosalia