Estas son algunhas das fotografías da Letra das Festas 2018, que tivo lugar en Lugo o pasado 10 de outubro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Arquivo da categoría: Música
Allariz: Festival Internacional de Poesía Poemagosto
Lugo: Letra das Festas: Xente daquela maneira!, o 10 de outubro
A Letra das Festas: Xente daquela maneira! terá lugar o mércores 10 de outubro, ás 18:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Avda. Alcalde Anxo López Pérez, 34 –perto da estación de autobuses–). Esta actividade conta co apoio da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a colaboración do Centro Cultural Vello Cárcere.
A Letra das Festas. a revista oral do San Froilán xirará neste 2018 arredor de “Xente daquela maneira! historias de fatos, falsarios, estafadores, impostores, carteiristas, malpocados, aluados, traslidos…”
A entrada será de balde.
Contan
Paco Nieto | Enma Alonso | Marcelo Castro | Orestes Currás | Xosé Miranda
A ambientación musical corre a cargo de Tundal.
Coordinan e presentan
Lois Pérez | Antonio Reigosa
Casardeita, Ramirás, Ourense: Homenaxe ao poeta Lois Antón
Guitiriz: Xardín Desordenado, Poetas galeg@s cantad@s
A Coruña: inauguración da exposición Libertas
Compostela: Festival Rosalía 2018
Pontevedra: Unha Lingua de Premio
O grupo Airiños de Rianxo celebra 85 anos de existencia
Desde Erregueté:
“O grupo de teatro Airiños de Asados celebra o seu 85 aniversario cunha gala, Esta noite, velada no Auditorio de Rianxo. Serán tres funcións: o venres 21 de setembro, ás 21:00; o sábado 22 de setembro, ás 21:00; e o domingo 23 de setembro, ás 19:00. O espectáculo está ideado como unha festa de aniversario e, en contra do que sucede con outras obras da compañía, só se poderá ver nestas funcións en Rianxo.
A gala contará coas colaboracións de Barahúnda, José Luís Do Pico Orjais e Río de Anxo. Ademais, o Auditorio acollerá unha exposición de cartaces do grupo que se inaugurará este mesmo venres 21 de setembro ás 20:00.
O Grupo de Teatro Airiños naceu no ano 33 en Asados (Rianxo) da man dos curmáns de Castelao e arredor do Centro Galeguista do lugar A súa primeira posta en escena foi a de A retirada de Napoleón, de Xavier Prado Lameiro. Isto converte á compañía na máis antiga de Galiza.
A Guerra Civil pararía inevitablemente a actividade creativa do grupo, que se retomaría nada máis comezar a ditadura grazas ao seu espírito loitador, malia as dificultades que o réxime impuña a toda actividade cultural, e, no concreto, a un grupo de teatro cuxa máxima principal era representar as súas veladas en lingua galega, algo ao que xamais renunciarían. Desta etapa, cómpre salientar, por exemplo, que Airiños representou por vez primeira, no ano 61, A fiestra valdeira, do rianxeiro Rafael Dieste, con este aínda no exilio.
Coa chegada da democracia, e a compañía, cumpriu un grande soño: a representación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Nestes anos, a fundación en Asados do “Centro Cultural Simón Varela” achegoulle ao grupo un enclave fundamental que acolleu a compañía ata o momento actual.
No 2008, co gallo do seu 75 aniversario, a Asociación Alexandre Bóveda da Coruña homenaxeu á compañía entregándolles un premio «pola súa defensa do idioma e a cultura galega durante máis de tres cuartos de século». Xa no 2009, o grupo recibiu o seu segundo premio, o Sireno de Bronce de Barbantia na sección de iniciativa cultural no Barbanza. No 2012 Airiños recibe o premio “Ángel Velasco Montoya” da Asociación Amigos del Teatro de Valladolid, pola súa fértil traxectoria ao longo de 79 anos de difusión do teatro afeccionado en galego. Ese mesmo ano, recibe o premio da Cultura Galega das Artes Escénicas polo traballo desenvolvido desde a súa creación. No 2013, súmase a estes premios o recoñecidísimo Pedrón de Ouro e o premio Aurosán do Ano na categoría de cultura.
No ano 2010 o grupo de teatro comeza unha nova etapa da man de Esther F. Carrodeguas, que asume a Dirección Creativa da Compañía. E dende entón, ademais de continuar a traxectoria habitual, o grupo ábrese a novos proxectos cheos de vida teatral, como o teatro-expres, unha iniciativa do Concello de Rianxo para achegar o teatro de pequeno formato aos nenos rianxeiros, levando os bártulos teatrais de parroquia en parroquia. Coa dirección de Esther. F Carrodeguas levan subido ao escenario obras como Ata que a morte nos separe, Nin rico nin pobre, O cabaré dos 80 anos de Airiños, Celtas sen filtro, Nosa señora das nubes e Hoxe non se paga.”