Vilariño, Cangas: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto sábado 3 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Agrupación Cultural O Gato de Vilariño de Cangas, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto, onde estará presenta o propio autor, terá toques de corna e música de acordeón.

A Coruña: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto martes 30 de decembro, ás 19:30 horas, na Libraría Carballido (Avenida dos Caídos, 4) da Coruña, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. O acto, no que estará presenta o propio autor, está enmarcado na ruta Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol sen saír da Coruña. Haberá toques de corna e música de acordeón.

Maceda: homenaxe nacional a Francisco Carballo, o sábado 27 de decembro

DesdeFrancisco Carballo Sermos Galiza:
“(…) A homenaxe do 27 de decembro terá lugar no Salón Multiusos de Maceda ás 17:00 horas, e está organizada polo Concello de Maceda. Ademais do alcalde Xabier Oviedo, intervirán o portavoz nacional do BNG -organización na que militou desde a súa fundación- Xavier Vence, o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, o presbítero Manuel Peleteiro, o ex-alcalde de Maceda Bieito Seara, a súa sobriña Milagros Calvo máis o editor e xornalista Xan Carballa e o investigador Santiago Prol, autores do libro de conversas con Francisco Carballo publicado por A Nosa Terra, xornal e editorial ao que estivo intensamente vinculado. Na homenaxe ademais de diversas actuacións musicais proxectarase o vídeo “Francisco Carballo, sempre no corazón”, no que se recollen imaxes e intervencións. Á homenaxe pódense adherir entidades, organizacións e persoas que deberán comunicalo ao Concello de Maceda para seren reseñadas no acto. (…)”

A Coruña: recital poético solidario Verso que traes? Esperanza

verso-solidario

Compostela: No lugar do lugar, con Estevo Creus e Pablo Seoane

O10480210_10152903254939814_5247573875503092071_n venres 19 e o sábado 20 de decembro, ás 20:00 horas os dous días, na Kunsthalle de Compostela (Rúa da Conga, 8), haberá unha sesión músico poética en formato site specific, baixo o nome No lugar do lugar, con Estevo Creus (texto e voz) e Pablo Seoane (piano en directo). O prezo é de 3 euros (con poema/postal de agasallo).

A Coruña: recital poético-musical na reapertura da Libraría Sisargas

O OLYMPUS DIGITAL CAMERAvenres 19 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar un recital con poesía e música na reapertura da Libraría Sisargas no seu novo emprazamento (Rúa San Roque, 7), na Coruña. Participan, na parte poética, Dores Tembrás, Francisco X. Fernández Naval, Xosé Iglesias, Jose Montero, Rodrigo Osorio, Teresa Ramiro, Rosalía Fernández Rial e Ramiro Torres, e na parte musical César Morán. Previamente ao recital haberá unha actuación de Xurxo Souto.