Arquivo da categoría: Música
Carballo: X Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística Traballando en Lingua, do 9 ao 11 de xullo
– O número de participantes está limitado a 70 persoas, por orde de inscrición.
– O prazo de matrícula remata o día 4 de xullo.
– A matrícula debe facerse a través da Oficina de Cursos da UdC.
A Coruña: recital con poesía, regueifa e música dirixido por Óscar de Souto
O
xoves 29 de maio, ás 20:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), Óscar de Souto presenta e coordina un acto con teatro, regueifa, canción e poesía, no que intervirán Manuel de Corme e Concha Matos.
A Coruña: recital poético e musical colectivo Poesia em 9 assaltos
Compostela: presentación de Unha rosa encarnada, de Robert Burns, traducido por Raúl Gómez Pato
O
martes 27 de maio, ás 20:30 horas, no Grândola (Cardeal Payá, 18) de Santiago de Compostela, preséntase Unha rosa encarnada, de Robert Burns, publicado por Positivas. No acto participará o tradutor, Raúl Gómez Pato, Ryan McAllister, escocés e asesor para a tradución e o texto orixinal, e Héctor Lorenzo, quen ofrecerá algunha versión musical dos poemas do autor escocés.
Lugo: revista oral A voz dos lemavos, nº 2 (24 de maio de 2014)
Desde
a Rede Museística Provincial de Lugo:
“O próximo número da revista oral A voz dos lemavos dedicámolo a As artes do viño. Desenvolverase o sábado, 24 de maio de 2014, ás 18:00 horas no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos (Lugo). Duración aprox.: 1:30 h. Coordina: Antonio Reigosa. Entrada libre e gratuíta.
SUMARIO
– Portada musical: Fox trop Río Douro, Tundal (3’).
– Arqueoloxía do viño: Lagares rupestres na Ribeira Sacra. Nota duns achados, por Iván Álvarez Merayo (10’).
– Música: Foliada de Tenorio, Tundal (3’).
– Poesía do viño (I): Poemas extraídos do libro Do Faro ao Miño, por Xosé Lois García (5’).
– Música: O cantar do arrieiro, Tundal (3’).
– O viño nos museos da Rede Museística: Trasfegando na adega, por Mª Rosario Fernández González (10’).
– Música: Cantares a capela, por Tundal (3’).
– Memoria do viño: Adegas monumentais e monumentos convertidos en adegas. Tesouros de pedra e viño ocultos na Ribeira Sacra, por Luís Díaz (10’).
– Poesía do viño (e II): Poemas extraídos do libro Do Faro ao Miño, por Xosé Lois García (5’).
– As rendas do viño: A importancia do viño na Casa de Tor, por Juan Márquez Barros (10’).
Música: O maio de Viveiro, por Tundal (3’).
– A arte de facer cestos: Conversa con Avelino García Pérez*, o cesteiro de Pincelo (10’).
– Opinión: Intervención do público (5’).
– Epílogo: por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’).
– Contraportada musical: Sabaxáns, por Tundal (3’).
*Avelino García Pérez, cesteiro de Pincelo, A Sariña (Chantada), elaborará no transcurso da revista oral un cesto tradicional usado para vendimar.
Compostela: Nimbos, recital poético-musical do Grupo Ouriol
Boca do Río, Carnota: IV Enarborar o bosque, o 7 de xuño
Debido aos fortes ventos na praia de Boca do Río, e por motivos de seguridade, trasládase o evento e a carpa ao entorno do Polideportivo de Pedrafigueira.

Este ano terá lugar o IV Enarborar o bosque que, como sabedes, organizamos o colectivo artístico Arteu e Factoría Delideas. Trátase dunha convocatoria artística para defender o noso medio natural, durante unha xornada, o 7 de xuño na praia da Boca do río en Carnota.
Este ano a loita será contra o lume nos nosos bosques, que cada ano destrúen a nosa paisaxe.
Cada artista leva os seus materiais para crear ao aire libre e o seu xantar, nunha xornada na que tamén haberá música e poesía. A convocatoria está aberta ademáis ao público xeral, todas e todos son benvidos, rapazada e adultos.
Gustaríanos contar contigo. Podes ver información sobre este e os eventos anteriores no noso blogue tamén o evento que temos creado no Facebook.










