Arquivo da categoría: Música
Actividades sobre Valentín Paz Andrade
“Continúa
a presentación de publicacións e novidades arredor da figura de Valentín Paz Andrade, homenaxeado nesta edición do Día das Letras. Máis de cen imaxes tiradas do álbum familiar de Valentín Paz Andrade compoñen a proposta que fai Ouvirmos arredor do autor na súa Fotobiografía. Textos de Miguel Anxo Seixas contextualizan este material e percorren a traxectoria do homenaxeado no día das letras. Xornais galegos como Faro de Vigo, La Voz de Galicia están a anunciar tamén as súas contribucións a esta homenaxe co lanzamento de diferentes publicacións sobre a vida e a obra deste persoeiro. Ao tempo, a empresa de alimentación Gadisa anunciou, que como vén facendo nos últimos anos, distribuirá dous millóns de bolsas con textos do homenaxeado na súa cadea de supermecardos. Canda a isto, agasallará aos seus establecementos 30.000 exemplares da novela de terro Formigas, de Tucho Calvo. Pola súa banda, a Consellaría de Cultura anunciou a celebración de concertos na rúa en diferentes localidades galegas. Os grupos Xardín Desordenado e Tender a Man interpretarán os versos deste autor nunha iniciativa que comeza hoxe en Vigo. Nestes días a CRTVG está a emitir os primeiros capítulos das Pílulas poéticas, unha serie de videopoemas sobre textos do homenaxeado.” Vía Cultura Galega.
Santiago: presentación de Alén da fronteira. Sete poetas vascos
A letra con música entra
Entrevista
en Sermos Galiza:
“A referencia tomouna Xurxo Souto de Luísa Villalta quen, no seu libro O outro lado da música, a poesía, explica a historia da literatura galega en clave musical. Ao seu carón tiña a tres das persoas que máis están a revolucionar o panorama musical dos novos tempos. O Leo, de Leo e Arremecaghoná, María Xosé Silvar de Sés e Miguel Mosqueira das Ataque Escampe, que viña de conmemorar o décimo aniversario do grupo. Coñecidas polos seus traballos e polas actuacións en locais diversos, Xurxo revelou un dato que moi pouca xente sabe: licencíaronse en filoloxía. “A literatura é vida e a música é unha das pontes”, comentou O Leo para iniciar o debate. “Necesitamos fórmulas de afirmación identitaria e se son lúdicas mellor” espetou María para quen as cancións fan que “a xente interiorice contidos que doutra forma non faría”. A corpo aberto Sés teorizou coa mesma forza que canta os seus temas e dixo que “a lingua ten unha dobre condición como idioma e como elemento cultural no que o pobo se reafirma e isto en nacións sen estado como a nosa é moi importante”. Temperou o debate Miguel Mosqueira ao falar de música e literatura como “códigos distintos, quen escribe a letra dunha canción non ten que facer un bo poema”. Tamén a distancia se mide na rima. “Na poesía do século XXI será un un por cento a que ten rima consoante e as cancións que non a teñen serán tamén un un por cento, a poesía ten outra liberdade” afirma o músico das Ataque. Pero aí estaba María Silvar para volver achegar os rexistros e recomendarlle ler á xente que fai letras. “Non hai razón para non facer unha boa letra para unha canción agás a incapacidade. Se queres facer música, pois escoita música e se queres escribir letras, pois le”. Así de claro. (…)”
Pontevedra: Concerto do Día das Letras Galegas, o mércores 16 de maio
O mércores 16 de maio, ás 21:00 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entrada libre até completar capacidade, terá lugar o Concerto do Día das Letras Galegas, no que a orquestra da Real Filharmonía de Galicia, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e o Coro Académico do Conservatorio Manuel Quiroga, baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretarán obras de Antón García Abril, Juan Durán e Rogelio Groba, partituras compostas sobre textos de Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz-Andrade e Ramón Cabanillas. Está organizado polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Pontevedra.
Vigo: acto de homenaxe a Celso Emilio no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade
Lugo: A Asociación da Prensa conmemora o Día Internacional de Liberdade de Prensa 2012
O xoves 3 de maio, ás 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo, a Asociación da Prensa de Lugo conmemora o Día Internacional de Liberdade de Prensa, lerase un manifesto de carácter reivindicativo nun momento tan delicado para a nosa profesión, foi redactado na última asemblea nacional da Fape, celebrada en Valladolid o pasado día 14, e lerase ese mesmo día en diferentes actos públicos organizados polas asociacións da prensa de todo o país. O acto será presentado por Antón Grande e a lectura do manifesto correrá a cargo de Mº Amparo Roca Pena; directora de Radio Nacional en Lugo. Así mesmo os actos completaranse coa actuación musical de Paula Qiao; violinista da escola de música Aulos e dun grupo de performance.
Pontevedra: presentación de Seara, de Xosé Vázquez Pintor
Boiro: presentación de Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias
O
venres 27 de abril, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Centro Social (Rúa Principal, s/n) de Boiro, preséntase o libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias, publicado en Galaxia, e o número 74 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participan, xunto ao autor, Xesús Laíño, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira. A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.
Buenos Aires: conferencia de Ramón Nicolás sobre Celso Emilio Ferreiro
O
mércores 25 de abril, ás 20:30 horas, nos locais da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, no salón Arturo Cuadrado (Chacabuco 955), emprazado no barrio de San Telmo en Buenos Aires, Ramón Nicolás falará de Celso Emilio Ferreiro, tanto da edición bilingüe de Longa noite de pedra como das novas achegas que incorpora na vindeira biografía que aparecerá en Xerais en datas próximas baixo o título de Celso Emilio Ferreiro no rodicio dos días. No apartado musical participarán María do Ceo e mais o seu grupo musical.




