Arquivo da categoría: Narrativa
Carballo: presentación de As mans da terra, de Laura Rey Pasandín
O 29 de novembro na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo (Rúa Bos Aires, s/n.), Laura Rey Pasandín presenta As mans da terra, publicado por Toxosoutos.
Bueu: presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto
“Coser e descoser”, por Eli Ríos
Artigo de Eli Ríos na Sega:
“Escoller A balada dos unicornios de Ledicia Costas era unha aposta segura para unha tarde de lectura tranquila e apracible. Viaxar da man da autora ao Londres victoriano e acompañar as aventuras de Ágata McLeod na Escola de Artefactos e Oficios. Encántame o steampunk e a escrita coidada de Ledicia Costas. Estaba segurísima que a precisión lingüística que caracteriza as súas obras me ía facer gozar do ambiente de cascos voadores, teteiras motorizadas, arañas articuladas e, sobre todo, de unicornios moi especiais. A balada dos unicornios, un sofá e un café. O plan perfecto se non fose porque a autora tiña outros propósitos para nós, queridas persoas lectoras: aquí non hai un momento de tregua! nada de monear diante das páxinas!
Desde as primeiras liñas hai personaxes coas que imos leirar e outras que nos van enfadar (e moito) e non porque a narradora nos faga descricións interminables, non. Son as propias personaxes as que nos revelan o seu caracter polo que fan ou din:
̶ Vixía o teu saco de ferralla, non vaia ser que desapareza nun despiste ̶ apuntou a gobernanta atuándoa de xeito deliberado.(páx. 16)
Linguaxe descarnada, nunha acción constante, na que as personaxes non son maniqueístas. Non hai boas ou malas persoas. Hai circunstancias nas que os sentimentos de rabia, odio, etc, dominan a protagonistas e antagonistas e, tamén, ao contrario. A amizade esporea a Ágatha McLeod para facer cousas imposibles (ou que cría que eran imposibles), pero, tamén, o amor infinito de Cornelia polo seu fillo lévaa a mover ceo e terra para liberalo. Si, Cornelia, a mesma que afirma “O da túa amiga, esa dos dentes de aceiro, non foi nada persoal. Devorei o seu corazón coma tantos outros ao longo da miña vida. Iso si: recoñezo que este me soubo a gloria. Relámbome só de recordar o seu sabor doce e intenso” (páx 142). (…)”
Compostela: presentación de Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo
Compostela: presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto
Foz: presentación de O alén dos barqueiros, de Anxo Muíños
Entrevista con Manolo Rivas sobre Vivir sen permiso e outras historias de Oeste
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Manuel Rivas fala sobre o seu novo libro Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. Despois de facernos cavilar no seu libro anterior sobre a fin do mito da globalización feliz, Manuel Rivas volve ao relato curto para ‘desconfortanos’, como diría un dos personaxes do libro, desde ese lugar chamado Oeste.. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista aos galardoados co Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Falamos con Ánxela Gracián, autora do libro As voces da auga, gañador ex aequo do VII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018.
Tamén contamos no programa con Pere Tobaruela, autor de Auga e lume, galardoado co mesmo premio.”