Arquivo da categoría: Narrativa
A Coruña: presentación de Invisibles, de Montse Fajardo (suspendida)
Xabier P. Docampo publica a novela A nena do abrigo de astracán
Desde Galicia por Diante, na Radio Galega:
“Xabier P. DoCampo publica a novela A nena do abrigo de astracán. Falamos co autor da obra de Xerais, que lle levou 15 anos de traballo e reflicte unha historia triste sobre unha rapaza, Susana, a vila de Ribadainsua e o cinema. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Eva Mejuto: “O distinto asusta”
Entrevista a Eva Mejuto en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): A transexualidade segue a non existir?
– Eva Mejuto (EM): Hai colectivos que están a facer moitísimo traballo de visibilización, pero falta aínda moitísimo que facer, sobre todo no público adolescente, que é unha idade moi difícil. O distinto asusta. Poñerse na pel do outro e entender que a sexualidade é moi ampla e diversa, resulta moi complicado. Aínda fai falta moita visibilización e normalización en todos os aspectos. Eu apostei pola normalización na literatura.
– LO: Na súa obra [22 segundos] fala da aceptación da sociedade, pero tamén dun mesmo.
– EM: Si. De feito, hai algunha xente que me di que no libro hai pouco conflito, porque o protagonista é bastante ben aceptado pola súa familia. Hai moitas capas: aceptarse a un mesmo, despois no ámbito familiar e despois no social. Eu quíxenme centrar no conflito interno. Este libro sería como unha primeira parte dunha historia que fala da aceptación dunha persoa consigo mesma. Faltaría a parte sobre como o recibe a sociedade.
– LO: Pensa abordar esa segunda parte?
– EM: Si que me gustaría, pero primeiro quería ver a receptividade do público. Querería seguir traballando o tema, pero non sei se abordalo ou deixalo para a imaxinación dos lectores, porque eu o que desexaba era deixar esa píldora de curiosidade. A partir de aí, espero que a transexualidade se normalice en todos os ámbitos. (…)”
Montse Fajardo: “O culpábel só é o que mata, non a vítima nin a súa contorna”
Entrevista de María Obelleiro a Montse Fajardo en Sermos Galiza:
“Ao seu pesar, Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña son as protagonistas de Invisibles, un libro impulsado polo Concello de Pontevedra e escrito pola xornalista Montse Fajardo que recolle os relatos destas mulleres maltratadas a mans das súas parellas. Unha obra necesaria que pon o foco sobre os agresores. Entrevistamos a súa autora no Sermos275. Eis un avanzo da conversa.
– Sermos Galiza (SG): Faste eco do maltrato físico, mais tamén do psicolóxico. É moi revelador que unha das vítimas aluda ao “mexo baixando polas pernas”, cando sente pánico. Outra di, “que me mataba tíñao clarísimo, nin sequera sentía medo”. Estarrecedor.
– Montse Fajardo (MF): Isto non o reflicten as estatísticas nin os estudos. Téñenme dito, “Montse, non é nada a malleira comparándoa coa devastación do psicolóxico”. Tamén me chamou a atención o caso de Ana, que tiña claro que non ía sobrevivir, mais que quería esperar a que os nenos fosen maiores, e a súa dúbida era se o home metería os restos na fosa séptica da súa casa ou da casa dos pais del. O libro recolle dous casos de actuacións diferentes cando hai nenos polo medio, o de Ana –que permanece durante anos co seu maltratador para defender as súas criaturas– e o de Irene –que decide romper e sofre o calvario, un dos máis importantes do libro, de levar os nenos co home que te maltratou cando eles che están dicindo non nos leves con el que nos fai dano–.
– SG: A culpa tamén desenvolve un papel central no libro. De feito, unha das vítimas di “non foi a Miguel ao único que xulgaron”. Por que?
– MF: O tema da culpa é unha constante en todos os capítulos. Hai culpa na muller que non denunciou; hai culpa na muller que denuncia… e non só elas senten a culpabilidade, no caso das mulleres asasinadas tamén queda coa culpa a contorna que as rodea. Intentamos enfocar a culpa no maltratador, porque a culpa nunca a ten a vítima nin a súa contorna. O culpábel sempre é o que mata, non quen está a ser vítima nin quen a rodea. (…)”
Vigo: presentación de Á calor da lareira, de Luís Chapela Bermúdez
A Coruña: presentación de A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo, o mércores 13 de decembro
Tabela dos libros (decembro 2017)
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Cos primeiros do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”