Arquivo da categoría: Narrativa
Suso de Toro volve con Fóra de si
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Tardou oito anos en volver, volve ‘fóra de si’, ou mellor dito con Fóra de si, a súa nova novela e ritmo de bossanova, con ‘Águas de março’ de Tom Jobim, precisamente. Todo moi preciso, rodeado de voces e personaxes que compoñen esta historia. Un día dixo no Zigzag que o deixaba, hoxe está de volta. Suso de Toro. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Uxía Casal arredor de Saturno tamén é deus
Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Uxía Casal acompáñanos en conversa cun libro de relatos reeditado e ampliado vinte anos despois: Saturno tamén é deus. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Suso de Toro fala sobre o seu regreso á novela
Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“María Solar conversa con Suso de Toro, que volve á novela con Fóra de si. Escoitamos un cachiño do libro na voz de Pepe Carreira. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
Monterroso: III Feira do Disco e do Libro Galego
Estes son os actos máis destacados:
– 11:30 h. Arantza Portabales presenta e asina exemplares de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, publicado por Galaxia.
– 13:15 h. No Escenario. Cata literaria con Manuel Garrido, autor de A Ribeira Sacra. Guía práctica, publicado por Xerais.
– 13:45 h. Na Carpa. Palestra de Xurxo Souto “Océano para terrícolas”, baseada nos seus libros Contos da Coruña e Contos do mar de Irlanda, publicados por Xerais.
– 17:50 h. No Escenario. Presentación do libro Pioneiras. Galegas que abriron camiño, de Anaír Rodríguez, publicado por Xerais.
– 19:15 h. No Escenario. Presentación do libro A contradición permanente, de Martiño Noriega e Daniel Salgado, publicado por Xerais.
– 21:45 h. No Escenario. O Instituto de Estudos Ulloáns presenta o segundo número da súa revista Cairón.
Verín: actos destacados da Feira do Libro 2018
Do
16 ao 18 de marzo terá lugar a Feira do Libro de Verín (na Praza da Mercede), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 18:00 a 21:00 h. a sexta feira 16; de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 h. o sábado 17; e de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h. o domingo 18. Estas son as actividades destacadas dentro do seu programa:
Venres 16
– 19:30 h. Inauguración da Feira. Pregón a cargo de Elena Gallego Abad.
Sábado 17
– 12:30 h. Presentación de José García Barbón Sola, mecenas e filántropo de Verín, de Gerardo das Airas.
– 18:30 h. Presentación de O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad, publicado en Xerais. Participa, xunto á autora, Xosé Carlos Caneiro.
Domingo 18
– 19:00 h. Poesía sen idade, con Servando Barreiro.




