Entrevista
a Daniel Asorey en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza: Vés de gañar o Premio de Narrativa Breve Repsol 2016 por unha novela ucrónica que acontece nunha república galega e no Brasil. Cóntanos máis dese libro que poderemos ler a partir de novembro en Galaxia.
– Daniel Asorey: A historia vai sobre tres mulleres en varios momentos históricos, con amor de mulleres tamén. Unha sería a mediados do século XVII, e outra acontecería nos anos 30 do século XX. Hai tres mulleres en tres momentos determinados. A historia comeza cunha foto dunhas decapitacións, que foi a que inspirou a novela. Decapitaron a uns ‘cangaceiros’, unha especie de bandoleiros que existiron no ‘sertao’ do nordeste brasileiro e que coa época do Estado Novo [ditadura portuguesa do s. XX] acabaron sendo perseguidos e aniquilados. Dentro da mitoloxía popular brasileira, eran xente que roubaba aos ricos para lle dar aos pobres, aínda que cometeran crimes terribles. A historia comeza con esa foto, que son sete cabezas dunha banda famosa no Brasil, e unha xornalista tirando unha foto. Unha das protagonistas é unha desas mulleres que logo foron decapitadas, María, que é unha gran bandoleira; outra sería a fotógrafa, que se chama Matilda en honor a Ruth Matilda Anderson. E a outra sería unha vedora, un cargo que eu inventei, unha inspectora ou algo así do século XVII nunha suposta República das Santas Irmandades da Galiza. Esta ucronía sae dunha pregunta: que tería pasado se os Irmandiños tivesen gañado? Entón podería ser que tivesemos unha república galega, que se cadra puido ter loitado polos territorios que tiña Portugal no nordeste de Brasil, como fixo Holanda. E que fariamos alí? Seguramente practicariamos o colonialismo. Hai algo importante na novela, que é a Compañía Galega de Indias, que tería traficado, como fixeron os holandeses e os ingleses. (…)”
Arquivo da categoría: Narrativa
Bueu: presentación de O espello do mundo, de Ramón Nicolás
Noia: presentación de Viaxe á última revolución, de Xerardo AgraFoxo
Vigo: presentación de Um Longo Acordar, de Artur Alonso Novelhe
Compostela: presentación de A dúbida, de María Reimóndez
Entrevista á escritora Eli Ríos
Desde
a Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Vén de publicar Marta e a píntega. Pode accederse á entrevista aquí.
Vigo: XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade: Literatura e/ou mercado, con Susana Sánchez Arins e Xesús Constela, o 26 de setembro
O
XI Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, baixo o título de Teoría dos contrarios. Arredor de camiños diverxentes non necesariamente excluíntes, terá lugar do 26 de setembro ao 19 de outubro no Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, con entrada libre.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, achegan á comunidade universitaria e á sociedade en xeral a oportunidade de escoitar as reflexións dos nosos/as escritores e escritoras.
O obxectivo xeral é que o alumnado obteña unha unha panorámica subxectiva da situación dos xéneros poético, narrativo e teatral en Galicia na actualidade a través das/os súas/seus creadores/as. Despois de cada mesa redonda hai un coloquio aberto para dar oportunidade ao alumnado de formular as súas preguntas. As mesas serán retransmitidas en directo no servidor de streaming da Universidade de Vigo.
Segunda feira/luns, 26 de setembro | 12:00
Literatura e/ou mercado?
Susana Sánchez Arins e Xesús Constela.
Reflexión sobre o concepto de gran público no sistema literario galego.
Vigo: presentación de O espello do mundo, de Ramón Nicolás
Pontevedra: presentación de Non hai outro camiño, de Isaac Xubín
O
luns 26 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, Rúa Don Filiberto, 9- 11), da man do Ateneo de Pontevedra, Isaac Xubín presenta Non hai outro camiño, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado, Xaime Toxo, Ana Acuña e Anxo Angueira.






