Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Manuel F. Rodríguez novela o roubo da cruz de Afonso III na obra A viaxe á fin do mundo. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Arquivo da categoría: Narrativa
Manuel Rivas: “Estamos ante a aldraxe das aldraxes”
Proxecto Dragal 2015-2016
Desde o Portal da Lingua Galega:
“Por terceiro ano consecutivo está en marcha o Proxecto Dragal, que impulsa a Secretaría Xeral de Política Lingüística a través dos equipos de dinamización da lingua galega. Trátase dun programa multidisciplinar de animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e da comunicación que parte da triloxía homónima da escritora Elena Gallego Abad.
Este curso, Dragal chega a 260 alumnos e alumnas da ESO, de 6 centros educativos das catro provincias galegas. Nel están directamente implicados arredor de 20 docentes
Durante o segundo trimestre, os dragaliños centraranse na lectura da novela Dragal I. A herdanza do dragón, na decoración ou dragalización do seu centro (que levará todo o curso) e na Competición de Dragaliños, que nos permitirá descubrir os sabios de cada Fraternidade do Dragón.
No terceiro trimestre o alumnado dos centros participantes dedicarase, por un lado, a tarefas de análise da novela, de pescuda sobre onomástica persoal e de creación (elaboración de cómics, de caricaturas, de finais alternativos…); por outro lado, á investigación e pescuda de mostras do noso patrimonio material e inmaterial. Cómpre destacar aquí a colaboración no proxecto do actor César Cambeiro, co seu espectáculo de contos populares e lendas Tradición 2.0, que motivará o alumnado a seguir indagando nese mundo máxico.
O proxecto rematará, igual ca nos cursos anteriores, cun xogo de rol no Pico Sacro, lugar lendario cun importante papel na novela de Elena Gallego, onde o alumnado das fratenidades de donas e cabaleiros de Dragal convivirá e participará nunha xincana de orientación polo monte e na procura dun prezado tesouro que só poden acadar de forma colaborativa na fin do proceso. Durante o xantar poderán coñecer a escritora e algún dos personaxes da novela que lle entregan un recoñecemento a cada participante.
O Proxecto Dragal este curso vaise facer visible a través desta mesma web . Aquí os dragaliños van atopar xogos relacionados coa temática da triloxía, propostas de traballo e ver todos os materiais que sestán a producir os dragaliños e dragaliñas.
Centros participantes no Proxecto Dragal 2015-2016:
CPI Plurilingüe de Vedra
IES Nº 1 (O Carballiño)
IES de Becerreá
CPI Cernadas de Castro (Lousame)
IES de Cotobade
IES Salvaterra de Miño.”
Gondomar: presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
O xoves 11 de febreiro, ás 20:30 horas, na Libraría Libraida (Rosalía de Castro, 13) de Gondomar, preséntase Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participa Carlos Méixome.
Ferrol: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
Manuel Portas: “Estamos nunha etapa de resistencia, é preciso facer que a nosa cultura perviva”
Entrevista a Manuel Portas en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): Deixouse vostede levar máis pola ficción ou polo aspecto didáctico [Lourenço, Xograr]?
– Manuel Portas (MP): Aínda que a verdade histórica está presente na ambientación xeral da novela, o tema principal é a loita de Lourenço por tentar que o seu talento artístico fose máis recoñecido pola sociedade. Tratei de deixar nun segundo plano os aspectos técnicos para que poida ser desfrutada tanto por alguén que dispón de coñecementos previos sobre Historia, como por un lector que careza dese tipo de información. (…)
– LO: Como ve a situación actual da literatura galega?
– MP: Un dos grandes problemas actuais é que a literatura, como outras creacións culturais, adoita considerarse como algo superfluo e pouco productivo, e cando a Administración dun país o ve deste xeito, sube o IVE e baixa o investimento en cultura, posicionándoa coma un produto de luxo ao alcance duns poucos. É preciso máis que nunca que resistamos e que fagamos que a nosa cultura perviva nas próximas xeracións.
– LO: Compaxina o seu labor docente co literario. Dalle consellos a aqueles alumnos que queren adicarse a escribir?
– MP: Ante todo, os docentes temos a misión de ensinar a disfrutar da literatura, tanto aos alumnos que queiran orientar a súa carreira a escribir como aos que non teñan este interese. Ás veces o sistema educativo prioriza a memorización de autores e obras pero non do seu disfrute, e para paliar esta tendencia segue a ser moi importante o labor dinamizador dos Clubes de Lectura. (…)”
Lugo: presentación de Tres feridas, de Manrique Fernández
Pontevedra: presentación de O dobrón de a oito, de Alberto Fortes
O venres 12 de febreiro, ás 20:00 horas, n’ A Casa da Luz (Praza da Verdura, s/nº) de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O dobrón de a oito, de Alberto Fortes, publicada por Xerais. No acto, organizado pola editora en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Antón Sobral e Manuel Bragado.