Arquivo da categoría: Narrativa
Santiago: presentación de Futuro imperfecto, de Xulia Alonso Díaz
O
martes 14 de decembro, ás 20:00 h, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o primeiro libro de Alonso Díaz, Xulia, Futuro imperfecto, publicado en Galaxia.
Vigo: presentación de Quéroche contar un conto
O
sábado 11 de decembro, a partir das 12:00 h., no MARCO (Rúa do Príncipe, 54) de Vigo, preséntase o libro de relatos Quéroche contar un conto, escrito por Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, An Alfaya, Xosé Cermeño e Irene Pérez Pintos e ilustrado por alumnos e usuarios de Aspanaex, publicado en Xerais. ASPANAEX prega confirmación de asistencia nos teléfonos 986.20.83.95 e 986.21.36.29.
Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas, será traducido ao chinés
A
editorial chinesa Shanghai 99 realizará unha edición de 8.000 exemplares de Que me queres, Amor?, o libro de de relatos co que Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 1996. O proxecto asinado coa editorial chinesa supón continuar coa edición do resto da obra narrativa de Manuel Rivas. Vía Xerais. Tamén recollido en Galaxia, Galicia Hoxe e Xornal.
El País: Narrativa en tránsito
Reportaxe de Daniel Salgado en El País.
Jaureguizar continuará a serie de Tintimán cunha aventura en Vigo
A Coruña: presentación de O imposible de desatar, de Iván García Campos
O
xoves 2 de decembro, a partir das 20:00 h., na sala de conferencias do Kiosko Alfonso da Coruña, preséntase O imposible de desatar, de Iván García Campos, publicado en Galaxia, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2010. No acto, acompañando ao autor, participan Carlos Lema e Camilo Franco.
Eva Moreda: “Teño debilidade polos homes que citan a Bourdieu”
Entrevista
a Eva Moreda en A Nosa Terra:
“A Nosa Terra (ANT): A literatura erótica é un xénero marxinal nas letras galegas. Cal pode ser o motivo?
Eva Moreda (EM): Poño en dúbida que sexa marxinal. Na poesía, por exemplo, o erotismo é un dos grandes temas desde os anos 90, ou mesmo desde antes. Outra cousa é que estas obras non se presenten explicitamente como literatura erótica, o cal, en principio, tampouco me parece mal: non son moi partidaria de clasificar a literatura en caixóns, aínda que recoñezo que editorialmente pode ser unha boa estratexia. É certo que en narrativa se cadra se tardou, ou se está tardando, algo máis en arrincar. Se cadra porque historicamente escribir narrativa estivo moi ligado a facer país, e non semella moi evidente a literatura erótica sexa un xénero desde o que se poida facer país. (…)
ANT: Que posibilidades lle ve ao libro electrónico en conceptos como a mestura multimedia… libros con música incorporada, por exemplo?
EM: Pois precisamente, unha das cousas que me gustaría ver na literatura galega (e na literatura en xeral) é unha maior implicación coas posibilidades textuais da internet e os medios dixitais; na cultura galega estase facendo un uso importante das novas tecnoloxías no plano da difusión pero se cadra xa vai sendo hora de que os escritores nos poñamos a escribir con eses novos medios na cabeza. Como un poemario escrito a base de actualizacións de estado no Facebook, ou, por que non, un libro electrónico que nos vaia permitindo escoitar as músicas ás que se fai referencia no texto.”
Manuel Rivas: “Un libro que non é perigoso non é libro”
Entrevista a Manuel Rivas en Faro de Vigo. Pódese consultar a entrevista completa, a través de Xerais, aquí.
Palmeira (Ribeira): presentación de As deusas do calvario, de Francisco Antonio Vidal
O
venres 26 de novembro, a partir das 20:30 h., na Casa do Mar de Palmeira (Ribeira), a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Ateneo Valle-Inclán, a Editorial Toxosoutos e o Concello de Ribeira presentan o libro As deusas do Calvario, de Francisco Antonio Vidal, nun acto no que estarán presentes o autor; o socio de Barbantia Xesús Laíño; a representante do Ateneo Valle-Inclán, Rosa García Pose; e mais o alcalde de Ribeira, José Luís Torres Colomer.