Arquivo da categoría: Poesía
Escola de Escritoræs. Obradoiros literarios Poesía e Mar, impartidos por Marta Dacosta, Antonio García Teijeiro e Miriam Ferradáns, en Baiona, O Grove e Bueu
Os
Obradoiros literarios Poesía e Mar, da Escola de Escritoræs da AELG, impartidos por Marta Dacosta, Antonio García Teijeiro e Miriam Ferradáns contan coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, e os Concellos de Baiona, O Grove e Bueu.
Nesta ocasión, buscan encontrar a conexión entre a palabra poética e o mar desde perspectivas diferentes, en tres emprazamentos privilexiados da provincia de Pontevedra.
CALENDARIO DOS OBRADOIROS
INSCRICIÓNS
- Título do roteiro
- Nome e apelidos
- Documento de Identidade
- Contacto telefónico
As prazas asignaranse por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.
Información básica sobre Protección de Datos. O Responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é atender a súa solicitude de inscrición nesta actividade e a base legal do mesmo é o seu consentimento como persoa interesada. Ten dereito a acceder, rectificar, suprimir os seus datos e outros dereitos. Pode consultar a nosa cláusula adicional premendo no epígrafe Aviso Legal da páxina principal da web da AELG (aelg.gal).
Domus das Pedreiras, Lago de Carucedo, As Médulas: presentación de Hai quen escolle os camiños máis longos, de Paula Carballeira
Lisboa: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón
A
sexta feira 19 de outubro, ás 19:00 horas, na Feira do Livro Queer de Lisboa (Centro LGBT de Lisboa, Rua dos Fanqueiros, 49), presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, publicado por Xerais. Participa, xunto ao autor, Raquel Miragaia.
Teo: presentación de Ser, corazón e boca, de Claudia Castro
Luz Pozo Garza, nomeada Filla Adoptiva de Viveiro
Desde
Xornal da Mariña:
“A poeta Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922) foi nomeada este xoves Filla Adoptiva de Viveiro. A corporación aprobou por unanimidade a proposta para distinguir a autora presentada polo goberno municipal. O recoñecemento deu respaldo institucional a unha iniciativa a que se adheriron asociacións e colectivos de todo o concello ademais de persoas a título individual como o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.
Durante o pleno do xoves 11 de outubro, todos os grupos políticos destacaron a traxectoria literaria e o compromiso feminista da autora, voz fundamental da poesía galega dende a publicación de O paxaro na boca (1952) ao que seguirían Concerto de Outono, Códice Calixtino, Prometo a flor de loto ou Deter o día cunha flor, entre outros poemarios e ensaios.
A autora mantivo desde a súa crianza unha estreita vinculación con Viveiro onde viviu e exerceu como docente nas décadas dos cincuenta e sesenta. A Escola Oficial de Idiomas de Viveiro leva o seu nome desde o pasado mes de xuño. O claustro do centro solicitou o cambio de nomeamento para adherirse á campaña #NomearnosEnLila, impulsada polo Observatorio da Mariña Pola Igualdade.”
A Pobra do Caramiñal: Xornadas de homenaxe a Anxo A. Rei Ballesteros
A Coruña: recital de Susana Sánchez Arins e Joumana Haddad no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 15 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Susana Sánchez Arins e a poeta libanesa Joumana Haddad.
Compostela: presentación e lecturas de Forever in Galicia e Diary of Crosses Green
Colaboración da AELG co Centro de Estudos Galegos de Lisboa. Visita de Susana Sánchez Arins
A AELG colabora co Centro de Estudos Galegos de Lisboa coa visita de Susana Sánchez Arins, co apoio da Secretaría xeral de Política Lingüística.
Na súa estadía en Lisboa Susana Sánchez Arins ofrecerá dúas conferencias.
A primeira, con título “Literatura, Arte, Compromisso: Escrever a Ditadura”, terá lugar o día 12 de outubro, ás 18.30, no marco das xornadas “Resistir na longa noite de pedra”, dedicadas á resistencia na Galiza durante a ditadura franquista. Este é o programa completo das xornadas, que se desenvolverán na Biblioteca-Museu República e Resistência (Rua Alberto de Sousa, 10 A, 1600-002 Lisboa):
11 de outubro
- 19:00 Apresentação da reportagem televisiva: «A Guerra Também Foi Nossa», de Ana Luísa Rodrigues (jornalista, que estará presente), José Rui Rodrigues e Carla Quirino (imagem)
12 de outubro
- 18:30 Conferência: “Literatura, Arte, Compromisso: Escrever a Ditadura”, com Susana Arins
- 20:00 Jantar Galego Republicano de 1936 (inscrición previa en interculturacidade@gmail.com)
13 de outubro
- 18:30 Conferência: “Organização, mobilização e resistências na freguesia das Encrovas (Cerzeda, Galiza)” , por David Fontán
- 19:30 Recital Poético: Poesia de Intervención en Portugal e na Galiza
A segunda das súas conferencias será a que titulada “Memória Histórica e Mulheres. Dos silêncios e as silenciadas” ofrecerá o día 13 de outubro ás 17.00 na sede da UMAR – União de Mulheres Alternativa e Resposta (Empreendimentos Alcantara Rio – Rua da Cozinha Económica, Bloco D, Espaços M e N, Alcântara, 1300-149 Lisboa).
A moderación estará a cargo de Maria Dovigo, vicepresidenta da Academia Galega da Língua Portuguesa.
A AELG colabora co Centro de Estudos Galegos da Universidade Nova de Lisboa na organización dos eventos.









