Arquivo da categoría: Poesía
Ourense: presentación de amada Rosalía, de Suso Díaz
Manselle: Xurxo Souto no FestiValo 2024
Ourense, Compostela e Padrón: presentacións de amada Rosalía, de Suso Díaz
Lugo: Histórias da Terra nas Terras da Língua. Biodiversidade e Didática na Lusofonia
Yolanda Castaño: “Na poesía é complicado fomentar unha conciencia de gremio”
Entrevista a Yolanda Castaño no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Ata que punto unha autora é quen de amplificar ou revalorizar a súa oferta fronte ás daquelas que renuncian a ser compensadas polo propio? O debate queda aberto co ensaio Economía e Poesía. Hoxe falamos destes dous termos que case nunca se relacionan coa autora do libro, Yolanda Castaño: Escribir poesía é traballar? Vivir da poesía é prostituír a arte? Coñece a sociedade a porcentaxe que cobra un autor por un libro? Economía e poesía, rimas internas que, di a autora deste ensaio, é hora de tanguer con dignidade e harmonía. A entrevista pode verse aquí.”
A Coruña: presentación de Masaxe con argán mal pronunciada, de Clara Vidal, o 26 de setembro
Bonito pra chover. Festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela. Recital poético-musical
Bonito pra chover é un Festival de arte e cultura brasileira en Santiago de Compostela, con diversas actividades que terán lugar durante o mes de outubro e inicios de novembro de 2024. A AELG colabora con esta actividade co apoio de CEDRO.
Bonito pra chover é uma expressão nordestina para quando o dia amanhece nublado. Desse céu cai fartura, o ipê floresce, a cisterna enche d’água. No Nordeste a chuva é arte. Igual que em Compostela quando chove. E dessa vez, com o Festival Bonito Pra Chover, vai chover arte e cultura brasileira. Aqui chove poesia, música, fotografia, pintura e cinema. Também chove arte gastronômica em Santiago de Compostela.
Este é um espaço criado para trocas culturais, como uma homenagem da comunidade brasileira ao país que nos acolheu, essa Galícia/Galiza diversa, aberta ao mundo, com sotaques que veem de muitos lados. O próprio Bonito Pra Chover também é diverso. Concebe o Brasil que não sai na mídia. Trazemos artistas de distintas origens e de várias linguagens. Dançaremos, cantaremos, declamaremos com diversos sotaques. Teremos oportunidade de conhecer pratos variados e também, aprender a cozinhar com artistas.
Assim, o Festival Bonito Pra Chover busca o intercâmbio, as aprendizagens e oferecer um pouco mais do calor brasileiro no aconchego da Galiza.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora no recital poético-musical que vai ter lugar o 2 de outubro de 2024, ás 16:30 horas, no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade.
O programa é o seguinte:
– Breve introdución musical
– Saúda de Jakson Renner e Cesáreo Sánchez Iglesias
– Leitura de textos do poeta Jackson Sampaio.
Cesáreo Sánchez Iglesias
Daniel Asorey Vidal
Luiza Fernandes
Uxía
– Interpretacións musicais
Euterpe
Léo Pinheiro
O resto de actividades do Festival poden consultarse nesta ligazón.
Outeiro de Rei: presentación de Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2024. Lecturas dende a diversidade
A AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. Lecturas dende a diversidade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.
O Ciclo é coordinado por Isabel Mociño, Carla Míguez e María González Cerdeira (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Desenvolverase os días 27 de setembro e os 4, 18 e 25 de outubro de 2024, ás 11:00 horas, na aula 1.4 da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.
As persoas interesadas poden inscribirse, de balde, aquí.
Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso).
O programa é o seguinte:
27 de setembro
Inauguración
Carlos Labraña
Teatro para un mundo sen guerras nin fronteiras
4 de outubro
María José Floriano e Pablo Otero
Pequenos Universos Portátiles
18 de outubro
Érica Esmorís
Entre patios e libros: creando espazos de lectura
25 de outubro
Antonio García Teijeiro
Crear poemas paso a paso e ler poesía comprometida