Marta Dacosta reedita en formato dixital Cinsa

Marta Dacosta Marta Dacostareedita o seu libro Cinsa, actualizado en edición do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) realizada por Miguel Anxo Mouriño. Trátase dunha edición dixital que pode ser descargada de balde. Cinsa foi escrito hai once anos e concibido como unha especie de álbum de poemas en que ás veces hai unha anotación gráfica: fotografías actuais realizadas por Alfredo López, Tokio, ou a propia autora; imaxes antigas ou o debuxo titulado “Cronopio e tartaruga” de Aldán López Dacosta. Neste enlace pódese descargar o libro.

A Coruña: presentación e recital-concerto sobre Sefer Sefarad, de Pedro Casteleiro

OPedro Casteleiro Sefer Sefarad sábado 14 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, terá lugar un recital-concerto sobre o libro de poemas Sefer Sefarad, de Pedro Casteleiro, publicado por Azeta Edicións. No acto, xunto ao autor e os músicos Eduardo Méndez Baamonde, Ignacio Sardiña e Iñaki Tomás, participan François Davo, Alfredo Ferreiro, Mário Herrero Valeiro, José António Lozano, Tati Mancebo, Luís Mazás e Ramiro Torres.

Vigo: presentación do libro Silêncio da Gaveta, do número 5 da revista Elipse e recital poético

Ocapa elipse5 sábado 14 de marzo, ás 22:00 horas, no Café UF de Vigo (Rúa do Pracer, 19), terá lugar o Círculo Poético Aberto do mes de marzo. Terá lugar a presentación do libro colectivo Silêncio da Gaveta e do número 5 da revista Elipse. Despois haberá o habitual recital poético, aberto á participación do público.

Celanova: inauguración da exposición Onde beben os cervos e presentación de Cartografía do exilio, de Baldo Ramos

OBaldo Ramos venres 13 de marzo, ás 19:30 horas, na Fundación Curros Enríquez (Casa dos Poetas) de Celanova, inaugúrase a exposición Onde beben os cervos que amansou o calígrafo (obra en papel de Carlos González Villar e Baldo Ramos). No mesmo acto, o autor presentará o seu último libro, Cartografía do exilio, editado na colección de poesía Miguel González Garcés da Deputación da Coruña.