O
martes 30 de agosto, ás 11:00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, o alumnado participante no obradoiro creativo Hibridar o imaxinario, dirixido por Rosalía Fernańdez Rial, presenta ante o público carballés Atlántida, unha peza escénica con catro movementos -“Rosa dos ventos”, “Delirio”, “Fera liberada” e “Maroma”-.
Máis información aquí.
Arquivo da categoría: Poesía
Burela: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 27 e domingo 28
O
domingo 28 de agosto finaliza a Feira do Libro de Burela, que terá lugar na Praza da Mariña, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes dous días:
Sábado 27
– 13:40 h. Presentación-recital de Chorimas serodias, de Montse González Álvarez, con lectura posterior dalgúns poemas de Luz Pozo Garza. O acto será conducido por Julia María Labrador.
– 19:00 h. Pere Tobaruela presenta a saga Formig4s. Conduce o acto Julia María Labrador.
– 20:00 h. Farruco Graña presenta O soño de Xoán, novela publicada por Embora. Conduce Marcelino Luna.
Domingo 28
– 19:15 h. Paco Rivas presenta Entre o abalo e a zaranda. Dicionario léxico do mar.
– 19:45 h. Presentación de A maruxaina e outras sereas, de Paco Rivas, Alfonso Otero Regal e Pablo Mosquera, publicado pola Deputación de Lugo.
Monforte: acto destacado da Feira do Libro para o sábado 27
O
sábado 27 de agosto finaliza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:
– 20:00 h. Xosé Lois García asina exemplares da súa obra na caseta da Secretaría.
Muxía: performance-presentación de Catálago
O
venres
26 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza do Cabo da Vila, en Muxía, terá lugar unha performance-presentación de Catálago, obra que conta coa participación literaria de Rosalía Fernández Rial e Paco Souto e as artes plásticas de Chiña e Mon Lendoiro.
Betanzos: presentación de Adagio por outono, de Modesto Fraga
Monforte: acto destacado da Feira do Libro no xoves 25
O
xoves 25 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa:
– 21:00 h. Presentación de A oseira, de Antón Blanco, publicado por Chan da Pólvora. Participan, xunto ao autor, Olga Novo e Afonso Traficante.
Caldas de Reis: recital poético de Carlos Callón dentro de Orixe Candente 2016
O
martes 23 de agosto, ás 22:00 horas, na Terraza do Mesón Bermaña, en Caldas de Reis (Rúa Porto do Río, 31), dentro da V edición de Orixe Candente, terá lugar un recital poético coa participación de Carlos Callón, quen recitará poemas de Atravesar o fantasma, publicado por Xerais.
Compostela: presentación de -movimentos-, de Francisco Valeiras
Vilalba: presentación de Adagio por outono, de Modesto Fraga
O
luns 22 de agosto, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, Modesto Fraga presenta Adagio por outono, publicado por Alvarellos Editora.


