Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Modesto Fraga fala sobre o libro co que gañou o Premio de Poesía Concello de Carral. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: recital de Eduardo Estévez e Mercedes Roffé no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
13 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Eduardo Estévez e a poeta arxentina Mercedes Roffé. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos xuño 2016.
Barro: Moita poesía, pouca diversión, con María Lado e Lucía Aldao
Compostela: programa da IX Xornada dos Clubs de Lectura, 2016
A IX Xornada dos Clubs de Lectura terá lugar na Sala Obradoiro do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.
Vilalba: presentación de Valuria, de Xosé Otero Canto
A Coruña: 5º recital Escoito cisnes 2016, o xoves 9 de xuño
O
xoves 9 de xuño, ás 20:00 horas, no Monty Ambigú (Praza do Papagaio), na Coruña, terá lugar o 5º recital de poesía ceibe Escoito Cisnes. A lista provisional de participantes está formada por Miguel Melero, Teresa Ramiro, Ricardo Souto Morano, Carmen Torreiro, Francisco X. Fernández Naval, Branca Vilela e Óscar de Souto. Convoca Goleta Ó noso xeito. A entrada é libre.
Entrevista a Martín Veiga
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O poeta Martín Veiga publica a obra Diario de Crosses Green en Faktoría K. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Tabela dos Libros de xuño de 2016, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a derradeira Tabela dos Libros deste curso cos títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. A próxima Tabela dos Libros aparecerá a primeiros de setembro. ¡Felices vacacións e boas lecturas!”
Ourense: actos destacados na Feira do Libro para o martes 7
O
martes 7 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Rúa do Paseo, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 20:00 h. Presentación de A boca do monte, de Celia Díaz, publicado por Editorial Galaxia. Participa, xunto á autora, Francisco Castro. Durante o acto intervirá o grupo musical As da Chispa.
– 20:00 h. José María Eguileta asina Dende Auria, na caseta da Deputación de Ourense.
– 21:00 h. Presentación de Silencio percutido, de Eva Veiga, gañadora do XXXI Premio de Poesía Cidade de Ourense, por Editorial Espiral Maior.
O Deserto, de María do Cebreiro, por Inma Otero
A
web italiana Insula Europea acolle unha recensión do poemario O Deserto, de María do Cebreiro, a cargo de Inma Otero:
“Sobran os motivos que xustifican que se lle outorgase a este poemario o Premio da Crítica que concede a Asociación Española de Críticos Literarios cada ano ás mellores obras en poesía e narrativa de cada unha das linguas oficiais do Estado español.
Xa na súa fasquía máis externa o libro concíbese como un obxecto artístico que fala da multidisciplinareidade presente no discurso poético. O cine, as artes plásticas, a filosofía e os mitos configuran o universo ficticio da obra de María do Cebreiro, prolífica pese á súa xuventude. De sempre gustou de dialogar coas narracións que marcan o seu posicionamento cultural, como galega e como pertencente ao conglomerado da civilización occidental. No seu macrocosmos literario, tamén no ensaístico, hai moito de análise dos signos que axudan a concibirnos, e un dos relatos que inevitablemente se sitúa no noso substrato é o bíblico, tan presente no poemario.
Para alén da pesquisa en torno ao texto como acto comunicativo, neste caso centrada no valor da escrita como traza, aquí detéctase unha poesía da experiencia que privilexia a emoción fronte o intelecto malia o peso deste último aspecto. Afóndase na experiencia da dor, da culpa e da inxustiza cometida contra os marxinados, polo que a
referencia ao Antigo Testamento cobra un valor simbólico. O deserto convértese na metáfora da travesía a través do tormento, da ferida feita paisaxe como espazo da revelación. As verdades agóchanse nas fendas, no que latexa baixo a pel mais que transmuta grazas ao amor.
A exploración da dor condúcea tamén á relectura dos clásicos galegos e á Rosalía de Castro máis metafísica, outra das constantes da súa produción. A referencia rosaliana pon de relevo unha visión un tanto herética da Biblia que ten que ver co protagonismo da muller. En O Deserto espéllase o eu poético naqueles mulleres silenciadas pola historia oficial para situalas aquí no lugar central que lles corresponde para que o mito poida encarnarse, mesmo nas versións que coñecemos. Así, a María virxe e a María Magdalena, xunto coa María autora, reivindican o papel de todas as heroínas ás que se lles arrebatou a memoria da súa audacia.
A linguaxe poética converte a chaga en contradición que busca interpretar o que ocultan os pregues. Pero facendo da contradición virtude, as referencias intelectuais botan luz na escuridade para amosar como, a fin de contas, só o amor vale.”



