O mércores 27 de outubro, ás 19:00 horas, preséntase na Biblioteca Central Rialeda de Oleiros o libro Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008, de Xavier Seoane, publicado pola Editorial Trifolium. No acto participan, co autor, o poeta e presidente da AELG Cesáreo Sánchez, e a directora da Biblioteca Central Rialeda de Oleiros, Luz Corral.
Arquivo da categoría: Poesía
Santiago: Do máis fondo do silencio, saen voces, recital poético-musical da Asociación Panda
O
martes
26 de outubro, ás 20:30 h., no Órgano da Igrexa da Universidade, en Santiago de Compostela, a Asociación Panda de RR. LL. e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago organizan un recital, no que participan Ana Romaní, Marilar Aleixandre, Eva Veiga e Dores Tembrás, acompañadas dos músicos Martina Schobersberger e Daniel Oman, presentados por Teresa Seara. Neste arquivo pódese descargar máis información: Do máis fondo do silencio, saen voces.
Lucía Aldao e María Lado: “As ‘desolemnizadoras’ da poesía”
(Xornal)
Lois Pereiro lerase en castelán en 2011
(Xornal)
Portugal: presentacións de Noente Paradise, de Ugia Pedreira
Moaña: presentación de A porta verde do sétimo andar
O
venres 22 de outubro ás 21:30 h., na Biblioteca Pública de Quintela (Moaña), preséntase o segundo libro do colectivo A porta verde do sétimo andar, que recolle a obra de Alberte Momán, Miguel Ángel Alonso Diz, Alfonso Láuzara, Rosa Enríquez, Ana Cibeira, Maria Neves Soutelo, Manolo Pipas, Alba Méndez e Ramiro Vidal Alvarinho.
Allariz: presentación de Noente Paradise, de Ugia Pedreira
O
venres 15 de outubro, a partir das 20:30 h., na Libraría Aira das Letras de Allariz, a cantante e escritora Ugia Pedreira presenta o seu libro Noente Paradise, publicado por Através Editora, nun acto no que será acompañada por Raquel Miragaia e Marina Oural.
Culleredo: presentación de Ingrávido signo, de Pablo Bouza
O
mércores 13 de outubro ás 20:00 horas preséntase na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” no Pazo de Vila Melania en Vilaboa (Avenida de Vilaboa, 42, Culleredo), o libro de poemas Ingrávido signo, de Pablo Bouza, publicado pola editorial Espiral Maior. Participan no acto Celestino Poza Domínguez, Miguel Anxo Fernán-Vello e Xulio López Valcárcel, acompañando ao propio autor.
A Estrada: acto de homenaxe e recordo a Xoseme (Xosé Manuel Mosquera Carbón)
O
domingo 10 de outubro celebrarase un acto de homenaxe e recordo a Xoseme (Xosé Manuel Mosquera Carbón), poeta da Estrada nacido en 1960 e morto en 1982, autor do poemario Dame a túa man, na editorial A Fouce. O programa está formado por:
18:00 h. Cemiterio de Moreira (A Estrada). Ofrenda floral e recordo. Intervención poética e execución musical a cargo do gaiteiro Xián Herrera.
19:30 h. Sala Caixanova (A Estrada):
– Saúdo, benvida e agredecemento por parte da Presidenta da AC Vagalumes Clara Iglesias.
– Proxeccíón de DVD sobre Xoseme.
– Recitado de poemas alumnos do IES nº1 da Estrada.
– Intervención de: Paulo Porta, Xoán Herrera, Amancio Liñares, Xosé Manuel Malheiro, Olimpio Arca.
– Testemuñas de amizade (compañeir@s de Xoseme).
– Intervención musical do grupo Penadona (ao que pertenceu Xoseme).
– Intervención de familiares de Xoseme.
– Intervención da Vpte da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Antía Otero.
Organizado pola Asociación Cultural Vagalumes, da Estrada.
Ribeira: presentación de Noente Paradise, por Ugia Pedreira
O
xoves 7 de outubro, a partir das 20:30 h., no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, a cantante e escritora Ugia Pedreira presenta o seu libro Noente Paradise, publicado por Através Editora. No acto participan Raquel Miragaia, representante da editorial, e Xosé Antonio Rubal como un dos responsábeis polo deseño do libro.