A Editorial Galaxia publica Náufragos do paraíso e unha Antoloxía poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
Arquivo da categoría: Poesía
A Coruña: recital de poesía e música con Roberto Reséndiz Carmona
O xoves
10 de marzo, ás 20:15 h., na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar o recital do poeta de Zamora de Michoacan (México) Roberto Reséndiz Carmona. No acto participan Eva Veiga, Francisco X. Fernández Naval, Olga Patiño e o propio autor mexicano, coa compaña dos músicos César Morán e Xosé Taboada.
Culleredo: III edición do Obradoiro de poesía dirixido por Miguel Anxo Fernán-Vello
O
III Obradoiro de Poesía de Culleredo será impartido, un ano máis, por Miguel Anxo Fernán-Vello, e organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Culleredo e a Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo). O obradoiro constará de seis sesións, os luns 28 de marzo; 4, 11, 18 e 25 de abril; e o 2 de maio, cun total de 12 horas. Está dirixido a persoas maiores de 16 anos cun total de 30 prazas. A matrícula, que custa 20 euros, pódese formalizar na Concellería de Cultura (Edificio de Servizos Múltiples, (Ramón Cabanillas, 14, 15670, O Burgo), tlf. 981-665597, correo electrónico: servizosmultiples@gmail.com). Como en edicións anteriores, unha vez rematado procederase á edición dun caderno-libro que conterá unha selección dos mellores poemas escritos polos participantes en Espiral Maior (Poemas de amor e cidade no 2009, e Mazás vermellas en 2010).
Xelís de Toro: “Son moi feliz”
A Coruña: presentación de Animal Abismo, de Diana Varela Puñal
O
venres 4 de marzo, ás 20:00 h., en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase o libro de poemas Animal Abismo, de Diana Varela Puñal, publicado en Espiral Maior. O acto, presentado por Dores Tembrás e Miguel Anxo Fernán Vello, consistirá nun espectáculo poético-musical a cargo do clarinetista Xocas Meijide, de Xulio López Valcárcel, dos propios presentadores e da autora.
A Coruña: VI Encontros Milpedras, recital simultáneo con poesía, música e fotografía
O
venres 4 de marzo, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a VI edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e fotografía. Actuarán recitando poemas Lucía Aldao, Olalla Cociña e Rosa Enríquez, en paralelo ás intervencións musicais de Alberto Laso e a propia Lucía Aldao, e a proxección de fotográfica por parte de Xiana de la Peña.
Mundo Lois estréase en Vigo
Moaña: presentación de De Castro e recital poético rosaliano
O
venres 4 de marzo, ás 21:00 h., na Biblioteca Pública de Quintela (Moaña), presentación do libro De Castro, de Alberte Momán e Alba Méndez, promovido por A Porta Verde do Sétimo Andar. Ademais, recital poético rosaliano no que participarán: Asun Estévez, Lucía Novas, Daniel Costas, Alfonso Láuzara, Miguel A. Alonso, Neves Soutelo, Manolo Pipas e Anxo Ratel, e representando á Asociación de Mulleres de Moaña: Ana Blanco, Dora, Concha Trigo e Elisa.
Vigo: proxección de Translittera, de Rafael Xaneiro
O
mércores 2 de marzo, ás 17:00 h., no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Rúa das Cantigas, s/n.), nas Lagoas-Marcosende, proxección de Translittera, de Rafael Xaneiro. Esta obra foi realizada durante as Xornadas de Novas Linguaxes Poéticas que tiveron lugar en Santiago, A Coruña, Vigo, Cecebre e Trasalba entre o 18 de novembro e o 3 de decembro de 2005, coa participación de Antón Lopo, Iván Prado, Carlos Santiago, Pepe Sendón, Yolanda Castaño, Rafael Xaneiro, Estevo Creus, David Creus, María Lado, Lucía Aldao, Manolo Cortés, Cristina F., Lomarti Adri, minus bálido, Ana Cibeira e Carlos Quiroga, entre outros.
A Coruña: representación de A illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro
O
xoves 3 de marzo, ás 20:30 h., no Teatro Colón da Coruña, representarase a peza que a Compañía Inversa Teatro preparou a partir do libro A illa das mulleres loucas de Alfonso Pexegueiro. A obra é unha peza poética de gran plasticidade na que as fronteiras entre o pasado, o presente e o futuro se esvaen para desvelar un tempo suspendido onde unha muller libra a súa propia batalla por definir os límites entre cordura e loucura. Vanesa Sotelo dirixe esta montaxe, con escenografía de Inversa Teatro, deseño de son de Berrogüetto e música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (harpa) e coreografía de Vanesa Sotelo e María Caparrini.