O martes 30 de outubro, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Lino Braxe e o acordeón de Rómulo Sanjurjo nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.
Arquivo da categoría: Poesía
Homenaxe a Lois Pereiro n’ A Coruña

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que mañá, martes 23 de outubro, a partir das 21:00 horas, terá lugar no mesón A saimia (R/ Emilio Pardo Bazán), unha homenaxe ao falecido escritor e poeta Lois Pereiro. A homenaxe, aberta ao público en xeral, consistirá nun recital poético-musical e nunha proxección fotográfica organizados polo Colectivo Poético “Amor e desamor”. (Asociación Cultural Alexandre Bóveda)
Eva Veiga comandará un obradoiro de poesía n’ A Coruña
Dará comezo o 20 de outubro e desenvolverase en oito sesións de dúas horas cada unha. Serán os sábados de 11:30 ás 13:30 horas, na Biblioteca González-Garcés d’ A Coruña.
Erin Moure presenta en Santiago a edición galego-inglés do poemario Teatriños ou aturuxos calados
«A escritora canadense Erín Moure presenta hoxe martes en Santiago a edición bilingüe galego-inglés do poemario Teatriños ou aturuxos calados, xunto á tamén poeta Chus Pato e ao responsable de edicións en Galaxia, Carlos Lema. O acto desenvolverase ás 20:00 horas na librería Couceiro da capital galega.» (Xeración Web)
Lucía Aldao na Galería Sargadelos d’ A Coruña
Poemas galegos en alemán
«O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará vai presentar hoxe no stand da Consellaría de Cultura na Feira do Libro de Frankfurt a obra ‘20 Gedichte aus galicien / 20 poemas galegos’. O representante da Consellaría de Cultura foi acompañado polos poetas Xosé Mª Álvarez Cácamo, Xavier Queipo e María Reimondez, ademais do coordinador da edición, Dieter Kremer, nunha presentación á que asistiron máis de cincuenta persoas.
Esta escolma dos poemas publicados nos diferentes números da revista Galicien Magazin, da Asociación Galego-Alemá acolle os poemas de Rosalía de Castro, Manuel Antonio, María Mariño, Álvaro Cunqueiro, Xosé María Álvarez Blázquez, Luz Pozo, Manuel María, Uxío Novoneyra, Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Xosé María Álvarez Cáccamo, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Xavier Queipo, Miguel Anxo Fernán Vello, Ana Romaní, Marga do Val, María Reimóndez, Yolanda Castaño e Mónica Góñez.» (Máis información na web da Consellaría de Cultura)
“Galeguia. Encontro con Cabo Verde” n’ A Coruña e Compostela
«A Fundación Via Galego organizou para o próximo 19 de outubro, sexta feira, no Kiosko Alfonso da Coruña, unha mesa redonda titulada “Letras que unen” e un recital poético denominado “Cabo Verde lírico”. Na mesa redonda Letras que Unen intervirán Felisa Rodrigues (experta-galega en literaturas lusófonas africanas), Germano Almeida e José Vicente Lopes (escritores cabo-verdianos) e Xavier Alcalá e Carlos Quiroga (escritores galegos). Incluirá unha breve introdución á literatura cabo-verdiana da profesora Felisa Rodrigues e posterior debate arredor da lingua galego-portuguesa como ferramenta útil de traballo para os escritores galegos e cabo-verdianos. Terá lugar a partir das 17horas. No recital participarán varias poetas novas, como Yolanda Castaño, Lucía Aldao ou María Lado, que recitarán poemas de autores cabo-verdianos. Terá lugar a partir das 19:00 horas.
O acto insírese nas xornadas Galeguia. Encontro con Cabo Verde, organizadas pola Fundación Via Galego entre os días 17 e 20 de outubro co patrocinio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, entre outras institucións e entidades. Galeguia ten por obxecto fundamental promover un maior relacionamento entre a Galiza e os países de fala portuguesa, para así aproveitar na medida do posíbel a facilidade comunicativa que a lingua galega habilita no plano internacional, de extraordinario relevo no mundo global.» (Fundacion Via Galego)
Presentación en Compostela da poesía completa de Luís de Aguirre
O libro Luís Aguirre. Poesía completa, con edición de Avelino Abuín de Tembra e Justo Cortizo Sóñora, será presentado o día 10 de outubro na Libraría Couceiro (Pza, de Cervantes, 6, Santiago) ás 20:00 horas. No acto intervirán Anxo Angueira (escritor e autor do prólogo), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e os propios autores da edición. (3C3 Editores)
Suso Pensado na Galería Sargadelos d’ A Coruña
Eduardo Estévez recitará na Sargadelos de Ferrol
O día 3 de Outubro, ás 20:00 horas, na Galeria Sargadelos de Ferrol Eduardo Estévez ofrecerá un recital poético. O acto está coordinado polo colectivo Ao carón da Lareira.