Fotogalería posterior en Galaxia.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Santiago: presentación de Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias
O
martes 20 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Carlos Lema e Manuel Outeiriño.
Santiago: rolda de prensa sobre Fantasmas da luz, de Agustín Fernández Paz
O
luns 19 de decembro, ás 12:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, terá lugar unha roda de prensa sobre o libro Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz. No acto, xunto ao autor, participará Manuel Bragado.
Ferrol: presentación de O Crebanoces, de María Canosa
Betanzos: presentación do nº 32 da revista A Xanela e concerto de Sés
Lugo: presentación da nova editorial Hugin e Munin
O
sábado 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de San Domingos, 4), terá lugar a presentación da editorial Hugin e Munin, orientada á tradución a galego de obras narrativas de ficción. No acto será posible adquirir as dúas primeiras obras publicadas (Servizo de Correos de Charles Bukowski e O forasteiro misterioso de Mark Twain) ademais de informarse polo miúdo sobre o seu sistema de subscrición.
Gondomar: presentación de Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, de Francisco Maseda
O
sábado 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10, baixo) de Gondomar, preséntase o libro Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña. I Conde de Gondomar, de Francisco Maseda, publicado en Biblos. No acto de presentación participan, ademais do autor, Tucho Calvo e Carlos Méixome. O acto contará tamén coa presenza e intervención do XIII Conde Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba y Narváez e será clausurado por Fernando Guitián Guitián.
Fundación Novacaixagalicia: presentación de Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, de Tucho Calvo
O
xoves 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Novacaixagalicia (Cantón Grande, 21-24) da Coruña, preséntase o libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, de Tucho Calvo, publicado en Biblos. Participarán no acto, xunto ao seu autor, Xosé Díaz e Xulio L. Valcárcel.
A Coruña: presentación de Versos fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro
O venres
16 de decembro, ás 21:00 horas, no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, nº 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase o poemario Versos fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro, publicado en Edicións Positivas. No contexto deste acto terá lugar unha intervención do Grupo Surrealista Galego.
Ferrol: presentación de Prisciliano na cultura galega, de Victorino Pérez Prieto
O
venres 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Praza da Constitución, s/n.) de Ferrol, preséntase o libro Prisciliano na cultura galega. Un símbolo necesario, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto ao autor, Elia Rico, presidenta da Asociación Cultural Medulio, Xaime Bello e Pilar García Negro.


