Compostela: presentación de Anarquistas galegos en América, de Bieito Alonso

O 12 de febreiro, ás 20:30 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase Anarquistas galegos en América, de Bieito Alonso, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor, asistirá Lourenzo Fernández Prieto.

A Coruña: presentación de Diario sen datas dunha aborixe galega, de Diana Varela Puñal

O 10 de febreiro, ás 19:00 horas, no Forum Metropolitano da Coruña, Diana Varela Puñal presenta Diario sen datas dunha aborixe galega, publicado por Laiovento.