Vigo: presentación de O alfaiate portugués, de Xavier Senín

O mércores 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase O alfaiate portugués, de Xavier Senín, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Isabel Soto, Antón Pulido e Carlos Lema.

Compostela: presentación de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas

OLedicia Costas martes 13 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Montse Pena Presas e Manuel Bragado.

Porto: presentación de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga, e A imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos

Acarloses cuarta feira 7 de decembro, ás 18:00 horas, na Unicepe – Cooperativa Livreira de Estudantes do Porto (Praça de Carlos Alberto, 128), terá lugar o lanzamento conxunto de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga e A imagem da Galiza em Portugal, de Carlos Pazos, publicados por Através. No acto, os autores serán presentados por Manuela Ribeiro.