Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de Tes ata as 10, de Francisco Castro
O venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Nova Colón da Coruña (Rúa San Andrés, 112), preséntase Tes ata as 10, a nova novela de Francisco Castro, publicada en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participa Xesús Fraga.
A Guarda: presentación de Argola, de Marta Dacosta
Arteixo: presentación de Salseiros, de Suso Lista
O venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil de Arteixo (Rúa Historiador Vedía, 3), preséntase a segunda edición de Salseiros, de Suso Lista, publicado en Edicións Embora. Ao finalizar o acto, o autor asinará exemplares do libro ás persoas que o desexaren.
A Estrada: entrega do Premio Manuel García Barros a Alberto Ramos
O venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal da Estrada, terá lugar a entrega do Premio Manuel García Barros de Novela a Alberto Ramos, pola súa obra Máscaras rotas de Sebastian Nell, publicada por Galaxia.
Ourense: presentación de Conversas com Isaac Alonso Estraviz
A sexta feira 12 de decembro, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase o libro Conversas com Isaac Alonso Estraviz, de Bernardo Penabade, publicado por Através Editora. No acto, organizado pola A. C. Auriense, participan, xunto ao autor, Miguel R. Penas e Isaac Alonso Estraviz.
Ferrol: presentación de Escolma salvaxe. Ferrol, 2007-2013
Betanzos: presentación do número 38 da revista A Xanela
Pontevedra: presentación de Carne Crua, de Augusto Fontám
Compostela: presentación de Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre
O xoves 11 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Ovella descarreirada, de Marilar Aleixandre, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Berta Dávila e Manuel Bragado.