O venres 3 de maio, ás 20:15 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, preséntase o libro Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor desta edición, Xosé Luís Méndez Ferrín, O Leo i Arremecághona e Manuel Bragado.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Sarria: exposición fotográfica e presentación do catálogo do Roteiro Fiz Vergara Vilariño
Santiago: actividades destacadas do xoves 2 de maio na Feira do Libro
O xoves 2 de maio prosegue a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:
– 18:30 h. Presentación de Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática, de Xavier Vence, publicado na Fundación Galiza Sempre. Xunto ao autor participa Xesús Veiga.
– 19:00 h. Teresa Moure asinará os seus libros na caseta da Libraría Pedreira.
– 19:30 h. Presentación de Tastarabás. Enciclopedia dos brinquedos tradicionais, do escritor Antón Cortizas, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participa no acto Manuel Bragado, director da editorial.
– 20:30 h. A escritora Valentina Formoso presenta o seu libro Do estigma á estima, publicado por Edicións Xerais. Participan no acto Carlos Negro, Manuel Bragado e a autora do libro.
A Coruña: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O xoves 2 de maio, ás 20:30 horas, na Biblioteca da Asociación de Veciños Atochas-Monte Alto-A Torre (Parque de Marte, s/n) da Coruña, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Asociación, a editorial e a Libraría Sisargas, participan, xunto ao autor, José María Laredo Cordonié, Xurxo Souto e Fran Alonso.
Santiago: actividades destacadas do mércores 1 de maio na Feira do Libro
O mércores 1 de maio prosegue a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:
– 13:00 h. Actividade infantil. Servando Barreiro. Contacontos poético musical.
– 18:00 h. Contacontos en verso para nenos, con Yolanda Castaño xogando co seu libro Verdedades, ilustrado por Xosé Tomás e publicado por Biblos. Tamén aparecerán historias dos seus libros Cando eu saiba ler e Punver.
– 20:00 h. Presentación do libro e audiovisual Un chapeu negro e un nariz de pallaso. Tras os pasos de Roberto Vidal Bolaño, con textos de Montse Pena Presas e imaxes e son de Gonzalo Enríquez Veloso, publicado por Editorial Galaxia.
A Coruña: presentación de Cantares gallegos hoxe, de Pilar García Negro
O xoves 2 de maio, ás 19:30 horas, no IES Eusebio da Guarda da Coruña (Praza de Pontevedra, 20), preséntase o libro Cantares gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro, de Pilar García Negro, publicado en Alvarellos Editora. No acto participan, xunto á autora, Isabel Ruso e Henrique Alvarellos.
Santiago: presentación de Carnia Haikai, de Elvira Riveiro
Vigo: actuación de María Lado e Lucía Aldao no lanzamento da revista A Boia
Santiago: actividades destacadas do martes 30 de abril na Feira do Libro
O martes 30 de abril prosegue a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:
– 19:00 h. Sinatura de libros de María Reimóndez na caseta da Libraría Pedreira.
– 20:00 h. Encontro virtual con Gaia (protagonista da novela En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado por Edicións Xerais). Participa no acto Ana Romaní e a autora do libro.
Santiago: actividades destacadas do luns 29 de abril na Feira do Libro
O luns 29 de abril prosegue a andar a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda), cos seguintes actos literarios destacados:
– 18:30 h. Presentación do libro de Os Bolechas O reloxio de Carlos, de Pepe Carreiro. No acto, participará o autor do libro.
– 19:00 h. O escritor Agustín Fernández Paz asinará exemplares dos seus libros.
– 19:30 h. Presentación do libro O códice do Santo Lugar, de Pere Tobaruela, publicado por Edicións Xerais. Participan Luz Méndez, Manuel Bragado e o autor.
– 20:15 h. Presentación do libro Costa do Solpor, de Xosé María Lema. Participan no acto Manuel Bragado e o autor.