O venres 28 de setembro, ás 21:00 horas, na Praza do Lanzós (Betanzos), preséntase o poemario Currículum oculto, de Arturo L. Regueiro, acompañado dun CD de música e recitados e fotografías de Tino Viz, editado por 3C3 Editores.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: presentación de Da Máquina, de Alberto Lema
O venres 28 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro Socio-Cultural Bou Eva (Rúa Tercio de fóra, 11, baixo A) de Vigo, preséntase a novela Da Máquina, publicado en Galaxia. Xunto ao autor, interveñen Carlos Lema, Iago Castro e Francisco Sampedro.
Santiago: presentación de Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez
O xoves 27 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Atlas de Chaguán, de Rosa Enríquez, publicado en A Porta Verde do Sétimo Andar. No acto, xunto á autora, participa Teresa Moure.
Pontevedra: presentación de 15.724, de Xesús Constela
O xoves 27 de setembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra (Rúa Padre Sarmiento, 51), o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais presentan o libro 15.724, de Xesús Constela. No acto, xunto ao autor, participan Adolfo Caamaño, Xaime Toxo, Ana Isabel Vázquez Reboredo e Manuel Bragado. Posteriormente terá lugar unha actuación musical do Grupo de Pandeireteiras A Buxaina de Coruxo.
Vila Nova de Cerveira: presentación da colección DiVersos de Positivas
O sábado 22 de setembro, ás 18:00 horas locais, na Livraria Porta XIII de Vila Nova de Cerveira, terá lugar a presentación conxunta da colección DiVersos de Edicións Positivas. No acto participarán Paula Carballeira, Estevo Creus, Rosalía Fernández Rial, Alfredo Ferreiro, Serxio Iglesias, Samuel L. París e o editor Paco Macías, acompañados pola música do grupo De outra margem.
Ribeira: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O venres 21 de setembro, ás 20:00 horas, na Aula Multiusos da Confraría de Ribeira, preséntase o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Elvira Blanco, Rosana Pérez, Luís Pérez, María Torres e Manuel Bragado.
Crónica posterior en La Voz de Galicia.
A Coruña: presentación de Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
O venres 21 de setembro, ás 20:00 horas, no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), en que participaron Isaac Alonso Estraviz, Xosé María Álvarez Cáccamo, Carmen Blanco, Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, Lois Diéguez, Xesús Rábade Paredes, Ánxeles Penas, Claudio Rodríguez Fer, Alberte Suras e Luz Pozo Garza, xunto coa colaboración gráficas de Felipe Senén. No acto, onde estarán presentes grande parte dos autores, haberá unha actuación musical de Xiana Lastra.
Santiago: presentación de Prisciliano e priscilianismo, coordinado por Victorino Pérez Prieto
O mércores 19 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, preséntase o libro Prisciliano e priscilianismo. Da condena á rehabilitación, coordinado por Victorino Pérez Prieto, publicado en Biblos. No acto, xunto ao autor, participan Tucho Calvo e Pilar García Negro.
Vigo: presentación de As meigas de Lupa, de María Solar
O xoves 20 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27) de Vigo, preséntase o libro As meigas de Lupa, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Fran Alonso e a rapeira Aid.
Santiago: Congreso do Bicentenario de Francisco Añón, os 4 e 5 de outubro
O xoves 4 e o venres 5 de outubro, na Cidade da Cultura de Santiago, terá lugar o Congreso do Bicentenario de Francisco Añón, coordinado por Xoán Mariño. O programa previsto é o seguinte:
Xoves, 4 de outubro
– 16:00 h. Inauguración do congreso.
– 16:30 h. Intervención de Ramón Villares: A xeración de 1846.
– 17:15 h. Inauguración da exposición Añón, precursor do Rexurdimento.
– 18:00 h. Proxección do documental Añón na memoria, de Juan Silva e Óscar Sendón.
– 19:15 h. Intervención de Gonzalo Navaza: Consideracións sobre a poesía de Añón.
– 20:00 h. Presentación do libro Poesías galegas de Francisco Añón. Con Xosé Luís Méndez Ferrín.
Venres, 5 de outubro
– 10:00 h. Roteiro literario pola Compostela do Poeta Añón: Alameda, San Clemente, edificios da Universidade, San Martiño Pinario, Facultade de Historia…
– 12:00 h. Intervención de Pilar Sampedro: Valor e valores da poesía de Añón.
– 12:45 h. Intervención de Manuel García Sendón: Añón: creador do programa literario do Rexurdimento.
– 16:30 h. Intervención de Rosario Álvarez: O Poeta Añón na forxa do galego literario.
– 17:15 h. Intervención de Xesús Alonso Montero: Añón na literatura galega do Prerrexurdimento.
– 19:15 h. Presentación do libro Vida e obra de Francisco Añón. Por Ramón Blanco, autor do mesmo, e Víctor Freixanes, editor.
– 20:00 h. Coloquio.
– 20:30 h. Clausura.
Desde Certo.