Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato
O xoves 3 de febreiro, a partir das 20:30 h., no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, e con entrada libre, preséntase Señardade da luz (A obra poética de Manuel María), de Miguel Mato, editado pola A. C. Alexandre Bóveda, que comeza con este libro as súas publicacións.
A Coruña: presentación-happening da Fotobiografía sonora de Lois Pereiro, con música e poesía
Claudio Rodríguez Fer presenta o mércores 2 en Santiago o seu novo libro
(Xornal)
Lugo: presentación de Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, de Carlos Nuevo e Emílio Xosé Ínsua
O luns 31 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia (a carón da Catedral) de Lugo, preséntase o libro escrito en colaboración por Carlos Nuevo Cal e Emílio Xosé Ínsua Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, que obtivo o Premio Ánxel Fole na edición do 2009. Crónica posterior en El Progreso.
Ferrol: presentación de Ferrol. Patrimonio e sociedade, de Rosa Méndez Fonte
O venres 28 de xaneiro, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro Ferrol. Patrimonio e sociedade, de Rosa Méndez Fonte. No acto acompañarán á autora Fernando Bores, Germán Castro e Carlos Miragaya.
Noia: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
O venres 28 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no Teatro Coliseo Noela (Rúa Curro, 4) de Noia, preséntase o novo libro de Manuel Rivas Todo é silencio, publicado en Xerais. No acto, as alumnas Miriam López Romero e Paula Gómez González e os alumnos Pablo García Blanco e Sergio García Domínguez entrevistarán ao escritor para a revista Entrepontes. Acompañarán musicalmente o acto o trío formado pola cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara. Colabora o Concello de Noia.
Lugo: presentación de Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval
O venres 28 de xaneiro, ás 20:00 h., na Librería Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval, gañador do X Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, publicado en Espiral Maior. No acto, acompañando ao autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello, Marica Campo e María Casar. Organizado pola A. C. Ergueitos.
Vigo: presentación de Pel con pel
O venres 28 de xaneiro, ás 17:30 h., na Casa das Mulleres de Vigo, preséntase o libro Pel con pel, publicado por Galaxia. No acto participan Ledicia Costas, Marta Dacosta e Francisco Castro.