Entrevista
a Alfonso Pexegueiro no Diario Cultural da Radio Galega, arredor da súa nova obra Lapsus, publicada por Axóuxere. Pódese escoitar completa aquí.
Arquivo da categoría: Radio
A Coruña: monográfico sobre Xogos populares e tradicionais, no programa de radio Recendo
O
martes 20 de xaneiro, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, haberá un monográfico sobre Xogos populares e tradicionais, con entrevistas telefónicas a representantes das seguintes entidades: Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Xotramu e Brinquedia. A música será do disco Cantos vellos para rapaces novos, editado en 2001 pola A. C. Donaire. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.
Entrevista a Gonzalo Hermo sobre Celebración
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor rianxeiro Gonzalo Hermo fálanos de Celebración, o seu segundo poemario, co que se presenta un novo selo: Apiario. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
Inglaterra: os BBC Singers cantarán un poema de Rosalía de Castro
O
xoves 15 de xaneiro, os BBC Singers han cantar en galego, durante un concerto adicado á música iberoamericana. Será unha peza do compositor británico Daniel Saleeb da que a letra está tomada do refrán e da primeira sección do poema ‘As de cantar’ de Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Han cantar a letra en galego (segundo a edición definitiva de 1872) e na tradución inglesa de Erín Moure (segundo a edición inglesa de Small Stations Press-Xunta de Galicia).
O concerto hase emitir na Radio 3 británica, e pódese escoitar en directo a partir das 19:30 hora local (20:30 hora en Galicia) ata as 22:00 h., ou en diferido durante unha semana despois da data do concerto, nesta ligazón.
Entrevista a Isaac Xubín no Diario Cultural da Radio Galega
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos co tradutor Isaac Xubín sobre a antoloxía Tempo de exilio do poeta vasco Joseba Sarrionandia, publicado por Faktoría K. A entrevista pódese escoitar aquí.”
Entrevista a Marilar Aleixandre sobre Ovella descarreirada
Entrevista
a Marilar Aleixandre no Diario Cultural da Radio Galega:
“Marilar Aleixandre publica en Xerais o poemario Ovella descarreirada. A entrevista pódese escoitar aquí.
Entrevista a Ledicia Costas sobre Escarlatina, a cociñeira defunta
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos coa escritora Ledicia Costas sobre o éxito entre o público infantil do premiado Escarlatina, a cociñeira defunta. A entrevista pódese escoitar aquí.”
Entrevista a Xosé Ramón Pena arredor de Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“O investigador Xosé Ramón Pena analiza o Rexurdimento no segundo volume da Historia da Literatura Galega: Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento, publicado por Xerais. A entrevista pódese escoitar aquí.”
Radiocrítica do 01-12-2014, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 1 de decembro en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López de Somnámbulos, de Suso de Toro (0:20); Manuel Antonio. Obra completa. Poesía, en edición de Xosé Luís Axeitos (10:25); Valente Vital. Ginebra, Saboya, París, de Claudio Rodríguez Fer, Tera Blanco de Saracho e María Lopo (15:20) e Pasen e miren, de María Canosa e Dani Padrón (20:30).“
Pódese escoitar directamente aquí.