Desde
Sermos Galiza:
“A Asociación de Veciños O Cruceiro da Laxe e o Concello de Fornelos de Montes organizan o acto de entrega da segunda edición do Premio de Poesía Lueiro Rey no que será unha nova homenaxe ao escritor no concello no que naceu. A poeta Eli Ríos recitará algunhas das composicións de Anamnese, o título polo que recibirá o segundo premio Lueiro Rey de poesía. Canda ela, Silvia Penas, anterior gañadora e Elvira Riveiro, participarán no acto literario no que tamén intervirán Mercedes Queixas, voceira do xurado e secretaria da AELG, ademais de Ramón Nicolás, coordinador do volume colectivo sobre o escritor e o presidente da RAG e amigo de Lueiro, Xesús Alonso Montero.
A xornada comezará o domingo día 27 ás 11:30 h. coa inauguración da rúa Lueiro Rey no seu concello natal, nun acto especial xa que é a primeira ocasión na que en Fornelos se lle pon o nome do escritor a un espazo público.”
Arquivo da categoría: Recitais
Ferrol: Semana de Poesía Salvaxe 2014
A Coruña: recital poético-musical A voz da mirada
Mañufe, Gondomar: Lecturas na Tapería, organizadas por Espazo Lectura
A Coruña: espectáculo poético-musical con María Lado e Lucía Aldao
O
martes 22 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, María Lado e Lucía Aldao, protagonizan un espectáculo con poesía e música.
Madrid: Homenaxe a Xosé María Díaz Castro
Compostela: nova sesión dos Picaversos, co título Convocamos a perda (II)
O
martes 22 de abril, a partir das 21:00 horas, na galería da Casa de Europa de Santiago de Compostela, chega outra edición do ciclo de lecturas poéticas Picaversos, baixo o título Convocamos a perda (II), coa participación de Berta Dávila, Elvira Riveiro e Le Roi e Martin Wu, músicos de Grampoder.
A Coruña: recital de Iolanda Zúñiga e María Eloy-García no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
14 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Iolanda Zúñiga e a poeta María Eloy-García. Máis información aquí: Folleto Di(n)versos abril 2014.
Vigo: edición de abril do Círculo Poético Aberto
Vigo: Recital de Poesía Figurante, con Verónica Martínez Delgado, Eli Ríos e Marta Dacosta
O
venres 11 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, terá lugar un Recital de Poesía Figurante. No acto, presentado por Alberte Momán, participan Verónica Martínez Delgado recitando poemas de Lusocuria, Eli Ríos de Maria e Marta Dacosta Alonso de Argola.




