A
segunda
feira 10 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Tamara Andrés e o poeta arxentino Hugo Mújica. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos febreiro 2020.
Arquivo da categoría: Recitais
Oiartzun: Homenaxe a Concha Murguía, 2020
Programa
da Homenaxe a Concha Murguía en 2020:
– 6 de febreiro, ás 19:00 horas. Sala de plenos do Concello de Oiartzun.
Presentación do libro Las matxinadas en Euskal Herria (siglos XVI-XIX), a cargo de Xosé Estévez, autor da obra, e de Anjel Rekalde, sociólogo e director de Nabarralde, entidade editora.
– 7 de febreiro, ás 19:00 horas. Sala de plenos do Concello de Oiartzun:
Recital poético musicado, vasco-galego, de poemas de Gabriel Aresti, Manuel María e Antton Kazabon:
-Recitadores: Antton Kazabon e Xosé Estévez.
-Músicos: Edurne Saizar, piano.
Haizea Lekuona, frauta.
Oihane Mitxelena, acordeón.
8 de febreiro, ás 12:00 horas, na praza de Santo Estevo e na Sala de Falencias Manuel Lekuona da Casa de Cultura de Oiartzun:
Ofrenda floral e homenaxe a Concha Murguía Egaña, coas intervencións da Concelleira de Cultura, Dona Iosune Cousillas, e de D. Xosé Estévez, historiador.
Actuarán os txistularis Lartaun Txistulari Taldea, de Oiartzun, e o grupo de gaiteiros Trisquele da Casa de Galicia de Donostia.
Ao remate do acto os asistentes serán agasallados co galano dun gorenteiro refrixerio.
Institucións artelladoras: Excmo. Concello de Oiartzun e Fato Cultural Galego Daniel Castelao, de Pasaia.
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz con Belén Senín, Pablo Rodríguez e Manuel Forcadela
Compostela: Polvorín de versos (20)
Vilalba: acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil a Antía Yáñez
Esteiro (Muros): presentación de Arquitecturas
Vilagarcía: 100 Mesa das verbas
Compostela: Polvorín de versos (19)
A Coruña: recital de Luís Valle e Jean Portante no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 13 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Luís Valle e o poeta luxemburgués Jean Portante. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos xaneiro 2020.
A Coruña: recital de Baldo Ramos e Maram al-Masri no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 16 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Baldo Ramos e a poeta siria Maram Al-Masri. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos decembro 2019.





