Arquivo da categoría: Recitais
A Coruña: Gosto de vivir a poesía, lectura de textos de Manuel Rivas introducida por Cesáreo Sánchez
A Coruña: recital poético arredor da exposición O fotógrafo, de Emma Pedreira
O 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16), na Coruña, terá lugar un recital poético de Emma Pedreira arredor da exposición O fotógrafo, trece collages e oito poemas da autora, que conforman o material expositivo do álbum familiar cifrado no que se exhibe a parte máis cruenta e silenciada da nosa historia.
Betanzos: Episodios dunha vella historia, recital poético e musical con poemas de Luís Seoane
A Pobra do Caramiñal: presentación de Loanzas sentidas e outros poemas, de Xoán Xosé Fernández Abella
Crónica fotográfica da sesión final do Obradoiro de creación literaria, con Eva Mejuto: Escrita ilustrada
O Obradoiro de creación literaria, con Eva Mejuto: Escrita ilustrada foi unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Pazo da Cultura e o patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.
A derradeira sesión foi un fin de festa lúdico e literario, recitando contos e versos na Taberna do Jazz. Aquí deixamos algunhas das fotografías:
Compostela: Polvorín de versos: alumear (7)
A Coruña: encontro poético-musical no Fiandón
A Coruña: recital de Valter Hugo Mãe e Miguel Anxo Murado no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 14 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Miguel Anxo Murado e Valter Hugo Mãe. Máis información aquí: Poetas Di(n)versos xaneiro 2019.
Compostela: Homenaxe a Díaz Pardo no seu sétimo cabodano
Desde Sermos Galiza:
“No sétimo cabodano da súa morte, un monllo de amigas e persoas achegadas -organizadas como Academia Real Isaac Díaz Pardo- volven homenaxear o artista, intelectual e creador de Sargadelos. Será este domingo, 13 de xaneiro, no cemiterio de Boisaca, en Compostela.
O acto comezará ás 12.30 horas e constará de tres bloques, precedidos dunha “procesión cívica até a tumba de Díaz Pardo” ao son da Marcha do Antigo Reino de Galiza interpretada polos Catro de Vigo e a lectura do poema de Lorenzo Varela Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados a cargo de Isabel Fonseca.
As alocucións constitúen a primeira parte da homenaxe. Pronunciaranas o xornalista Perfecto Conde, o filólogo Gregorio Ferreiro, o dramaturgo Manuel Lourenzo e o deseñador Carlos Núñez. Despois haberá un recital de poesía en que participarán Marilar Aleixandre, Xesús Alonso Montero, Sabela Hermida, María Xosé Queizán, Manuel Landeira e Manuel Ucha.
Unha ofrenda floral pechará a xornada, canda a solta de pombas e as palabras de clausura de Alonso Montero. O ramo serán “os tres himnos de Isaac”: o Galego, o de Riego e a Internacional.”