
Arquivo da categoría: Sociedade
Carballo: conferencia de Mohamed Safa, autor de Gaza, un xenocidio televisado
Gondomar: faladoiro “A fraga esborrallada”. Crónicas naturalistas dacabalo de dous séculos
A Coruña: A UIloa é terra de sacrificio?, con Horacio García e Suso de Toro
Compostela: presentación de Antimilitarismo na Galiza
A Coruña: Poesía en Gaza. Obradoiro cartoneiro solidario con Palestina
Ribadavia: Castelao e a perspectiva de xénero, con Marta Dacosta e Isabel Risco
Lugo: presentación do caderno Antimilitarismo na Galiza, de Bieito Lobeira e Manuel Caride
Ourense: presentación de O que estou dicir cando digo “Altri non”, de Xosé de Cea
Auga son chama ao diálogo interxeracional sobre a violencia de xénero
Coa intención de atopar solucións a problemas que nos atanguen como individuos e sociedade, os artistas galegos Elba Pedrosa, Big Meu e Xosé Liz, uníronse por primeira vez para traballar nun proxecto que busca o impacto interxeracional. “Encontrar saídas a situacións polas que todos pasamos nalgún momento, abordando temas sociais e íntimos, desde disciplinas artísticas tan afastadas en apariencia como o hip hop e o folk, ou os versos;”, adiantan como obxectivo que comparten. Musicalmente a proposta foi producida por Coke Céspedes, produtor e rapeiro pioneiro do hip hop en Galicia, máis coñecido no mundo artístico como O Puto Coke.







