O
xoves 15 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, xunto ao autor, participan Francisco Pillado e Marta de Sinllán. Durante o mesmo, haberá dúas intervencións teatrais coa actriz Luísa Merelas e o actor Roberto Leal.
Arquivo da categoría: Teatro
Ponteceso: actos das Xornadas No confín do outono pondaliano
A
Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso organiza as Xornadas No confín do outono pondaliano. Dentro do seu programa, que pode ser descargado aquí, destacan as seguintes actividades literarias:
Mércores 14 de decembro:
– Diana Varela Puñal e Xulio Valcárcel: Presentación do libro de poesía infantil dixital As trovas de Midas, publicado en Galebook, e obradoiro de poesía. No CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso. En horario lectivo.
Sábado 17 de decembro:
– Rafael Lema Mouzo: Cova céltica Os vapores cormeños. Na lareira da Fundación Eduardo Pondal. Ás 17:30 horas.
Domingo 18 de decembro:
– Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. No salón de actos da Fundación Eduardo Pondal. Ás 12:45 horas. Tamara Lema e Esteban Rey: Escenificación do conto de Álvaro Cunqueiro: Felpeto.
– Lectura cívica de textos cunqueiráns. Alba Costa: Interpretación musical do texto de Álvaro Cunqueiro Teus ollos.
– Coral A Oliveira de Monte Branco (dirixida por Teresa Facal): Estrea da canción Quen poidera namorala, de Álvaro Cunqueiro (partitura cedida polo grupo Milladoiro nas FestiLetras 2011).
– Agasallo do libro O mellor de Cunqueiro, por xentileza de La Voz de Galicia.
Luns 19 de decembro:
– Os Quinquilláns: Representación teatral da obra Merlín para alumnado do CEIP As Forcadas de Corme e CRA Nosa Señora do Faro. No salón de actos da Casa dos Veciños. Ás 11:00 horas.
– Os Quinquilláns: Representación teatral da obra Merlín para alumnado do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso. Ás 15:30 horas.
– César Morán Fraga: Conversa e animación musical arredor da figura do escritor Álvaro Cunqueiro con escolares de 2° de Bacharelato do IES de Ponteceso. No salón de actos da Fundación Eduardo Pondal. Ás 16:30 horas.
Martes 20 de decembro:
– XXX° aniversario da oficialidade dos símbolos de Galicia. No salón de actos da Fundación Eduardo Pondal. Ás 12:00 horas. Xesús Rábade Paredes: Conferencia Os símbolos de Galicia, para alumnado de 3° de ESO do IES de Ponteceso. Coa presenza institucional da Fundación Rosalía de Castro a través da súa presidenta Helena Villar Janeiro.
Sada: representación de De amor e vinganza na idade dos deuses, baseada no texto de Agustín Magán

Betanzos: representación de Pisados, sobre un texto de Gustavo Pernas
O
domingo 4 de decembro, a partir das 20:00 h., no Auditorio do Liceo de Betanzos, terá lugar a representación de Pisados, por Áncora Produccións, sobre un texto de Gustavo Pernas. Nesta obra trátanse temas tan actuais como: as linguas pisadas, a marxinación, a crise, a emigración, o maltrato, a intolerancia, o totalitarismo, o amor, a solidariedade… a través da personaxe de Botamán de Melide, que nos vai descubrindo os seus segredos e nos convida a espertar os nosos sentidos atrofiados polas falsas expectativas dunha sociedade xorda. Recuperamos a personaxe do green man moi presente no mundo celta para o noso teatro, con este texto cheo de lecturas con arrecendos cunqueiráns e valleinclanescos.
A Coruña: presentación de Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá
O
venres 25 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Couceiro (Enrique Dequidt, 12) da Coruña, preséntase Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, acompañando ao autor, participa Francisco Pillado Maior e a actriz Luísa Merelas poñéndolle voz a unha das dramatículas.
A Coruña: Memorial de Teatro Ibán Toxeiro
O xoves
24 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XV Memorial de teatro Ibán Toxeiro, coas seguintes actuacións:
– Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda coa representación de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xoán Carlos Mexuto.
– Bucanero Teatro con Kungfundidos.
– Druída danza con O anxo exterminador.
– Entrega do IV premio Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro para o Grupo de teatro do Centro de maiores da Obra social de Caixa Galicia.
– Todo aderezado coa música en directo de Canta Compaña.
A Coruña: Mercedes Queixas falará sobre A presenza da muller na literatura galega no programa Recendo, de CUAC FM
O
martes 22 de novembro, entre as 19:00 e as 20:00 horas, dentro do programa de radio Recendo, que a A. C. Alexandre Bóveda organiza dentro da emisora CUAC FM, Mercedes Queixas falará sobre A presenza da muller na literatura galega. No mesmo programa, Rubén Ruibal falará sobre a situación do teatro en Galiza. Esta emisora pode escoitarse na comarca da Coruña no 103.4 FM.
Mondoñedo: estrea de Menciñeiros, de Volta e Dálle Teatro, sobre a obra de Cunqueiro
O
venres 18 de novembro, ás 21:00 horas, no Audiotorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, estréase o espectáculo Menciñeiros, do grupo Volta e dálle Teatro, adaptación de Escola de menciñeiros, de Álvaro Cunqueiro. O acto está organizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo.
Poio: representación de Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda
O
domingo 6 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Raxo (Poio), represéntase a obra teatral Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, a cargo do grupo de teatro da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.
Santiago: presentación de A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, de Xosé Manuel Fernández Castro
O
xoves 3 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño, de Xosé Manuel Fernández Castro, publicado en Laiovento. Intervirán Luciano Rodríguez (profesor da UDC), Manuel Vieites (director da ESAD Galicia), Francisco Pillado (director de Laiovento) e o propio autor.