Compostela e Vigo: sesión de Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes

A sesión Dramaturxias itinerantes/ Dramaturgias itinerantes que terá lugar o vindeiro luns, 8 de abril de 2019 ás 18:30 horas, no Consello da Cultura Galega. O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha este programa que ten por obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Na primavera de 2019 inauguramos en Galicia o ciclo e acollemos, primeiro en Compostela e despois en Vigo, as dramaturgas Patrícia Portela e Lina Pérez. Escoitaremos os seus textos orixinais nas voces de alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo “Eu.Experimento” e teremos ocasión de departir coas dúas escritoras nun debate moderado por Afonso Becerra. Por volta do verán, a actividade terá continuidade en terras portuguesas.
Neste enlace pode obter máis información e nestoutro facer a súa inscrición na sesión que terá lugar no Consello da Cultura Galega.
Fichas técnicas das obras:
Escudos Humanos. Uma peça de acção con muitas palavras (2008) de Patrícia Portela
Intérpretes: Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões, Instituto da Cooperação e da Língua, I.P. en Vigo – Eu.Experimento
Dirección: Vanesa Sotelo
Duración: 20 minutos
Os cans non comprenden a Kandinsky (2017) de Avelina Pérez
Intérpretes: Alumnado da ESAD de Vigo
Dirección: Nuria Montero, profesora e actriz
Duración: 20 minutos

O 9 de abril, ás 16:30 horas, esta sesión de lecturas dramatizadas repetirase na sede da ESAD de Vigo.

Vigo: representación de Womanizer, de Afonso Becerra de Becerreá

OAfonso Becerra xoves 19 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), en Vigo, dentro das XX Xornadas de Medicina Familiar e Comunitaria de Galicia, Sara Loureiro e Alberto Medeiros, alumnos da ESAD, representarán a peza Womanizer, de Afonso Becerra de Becerreá. Esta actividade teatral enmárcase dentro do Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero.

Santiago: presentación do número 70 da Revista Galega de Teatro

O martes 27 de marzo, ás 10:30 horas, na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, terá lugar a presentación do número 70 da Revista Galega de Teatro, con traballos de Joan Giralt, Roberto Pascual, Manuel Lourenzo, Pedro Pablo Riobó, Afonso Becerra e Abel González Melo.