“A
este país non lle cómpre o silencio”. É un dos avisos, breves e estralantes, na web do proxecto Praza Pública, que empezará a comunicar como xornal dixital en xaneiro. A liña ideolóxica tamén a explicitan: “Sermos un instrumento para o cambio, para o avance do país. Enriquecer o autogoberno, como expresión da pluralidade da sociedade”. Resume o que cumpría recuperar o xornalista Marcos Pérez Pena, no equipo fundador canda Manuel Barreiro e Filipe Díaz: “O obxectivo é ser un medio aberto e colaborativo, con aquel espírito do primeiro Vieiros, o barrio galego na Internet”. Coma o primeiro medio de comunicación en galego na Rede, Praza Pública está aberto a quen queira colaborar -cobrando, iso si, xornalistas e opinadores-, coa idea de trazar estratexias cooperativas co resto dos medios que seguen comunicando en galego ou teñen previsto facelo, como Sermos Galiza ou Diagonal-Galiza. “Queremos facer xornalismo en galego”, convén Pérez Pena, “de calidade e na Rede, para unha sociedade galega que o reclama porque non o ten”. (…)” Vía El País.
Arquivo da categoría: Xornalismo
O Carballiño: presentación de Sermos Galiza
A sexta feira, venres 28
de outubro, ás 20:30 horas, no Casino do Carballiño (R/ Tomás María Mosquera, 6), organizada en colaboración coa Asociación Cultural Avantar, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza.
Lalín: presentación de Sermos Galiza
A quinta feira, xoves 27
de outubro, ás 20:30 horas, na Casa Museo Ramón María Aller (Rúa Ramón Aller, 9) de Lalín, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza, con Nemésio Barxa, Néstor Rego e Olalla Rodil.
As Pontes: presentación de Sermos Galiza
O mércores 26
de outubro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal (Avenida de Castelao, s/n.) de As Pontes, a Mesa pola Normalización Lingüística organiza a presentación do proxecto Sermos Galiza, coa participación de Xurxo Souto e Xosé Ramón Freixeiro Mato.
Lugo: presentación de Sermos Galiza
O
luns 24 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, organizada polo Club Cultural Valle-Inclán, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza, con Marica Campo, Rubén Lois, Néstor Rego, María Reimóndez e Olalla Rodil.
Edición ampliada de Lois Pereiro. Achegas críticas
“O
dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión “incorpora unha parte significativa da relevante produción crítica dedicada ao autor con motivo da celebración do Día das Letras”, entre as que se atopan os suplementos publicados en El Ideal Gallego, Faro de Vigo e Xornal de Galicia, así como o catálogo completo da exposición Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna. Asimesmo, tamén se poden ouvir e ollar as entrevistas que lle fixeron Ana Romaní e Xosé Ramón Gayoso ao poeta ou diferentes documentos audiovisuais que recollen a celebración do Día das Letras.” Desde Cultura Galega.
Vigo: presentación de Sermos Galiza
O
xoves 29 de setembro, ás 20:00 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, e organizado pola Asociación Cultural O Castro, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza, con Marga Romero e Néstor Rego. Este proxecto convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para a posta en funcionamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro da súa atención informativa.
A Nosa Terra pecha definitivamente
“A
edición dixital de A Nosa Terra finalizou o pasado venres 23 de setembro, e con ela remata unha época: a dunha cabeceira recuperada en 1977, coa chegada da democracia. En xullo, a Xustiza decidira a liquidación definitiva de Promocións Culturais Galegas, a empresa que mantiña tanto o semanario como a edición dixital e a editorial. “Ninguén agardaba”, sinala o editorial do medio dixital, “que esta xeira de A Nosa Terra que comezara en 1977 fose tan longa e frutífera”. Fontes da empresa aseguraron que o fondo editorial de Promocións Culturais Galegas -unha histórica do sector cultural en Galicia- seguirá vivo nas librarías durante dous anos: o Consorcio Editorial farase cargo da distribución e do manexo dos dereitos e os autores que editaron con eles pasarán a controlar de novo os dereitos de reedición das obras que publicaran con esta editorial.” Vía Cultura Galega.
A Coruña: presentación do proxecto Sermos Galiza
O
xoves 22 de setembro, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza, a cargo de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xurxo Souto. Este proxecto convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para a posta en funcionamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro da súa atención informativa.
Santiago: actividades literarias do luns 25 no Festigal 2011
Na
Galería das Letras do Festigal 2011, que se celebrará no Campus Universitario Sul de Santiago de Compostela, terán lugar as seguintes actividades literarias o luns 25 de xullo:
– 16:00 h. Presentación do libro Todas as mulleres que fun, de Andrea Nunes Brións. Falan: Maria Rosendo, Pepe Árias e Andrea Nunes.
– 16:45 h. Presentación da novela In vino veritas, de Francisco Castro, publicada en Galaxia. Participan Víctor F. Freixanes, Malores Villanueva e o autor.
– 17:20 h. Presentación de Ártico 2.0, de Xavier Queipo, publicado en Galaxia. Participan Víctor F. Freixanes, Alfonso Álvarez Cáccamo e o autor.
– 17:55 h. Presentación da iniciativa Sermos Galiza, coa intervención de Teresa Moure, Xosé Ramón Freixeiro Mato e Marga Romero.
– 18:15 h. Presentación do libro Rosalía, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez, editado pola AS-PG.
– 20:30 h. Presentación de Cociñando ao pé da letra, coordinado por Yolanda Castaño e Andrea Costas, publicado en Galaxia, coa participación de Marga do Val, Francisco Castro e as coordinadoras do libro.
– 21:15 h. Presentación do libro Falar com Jeito, de Fernando Corredoira, publicado en Através. Participa o autor acompañado por Valentim R. Fagim.