Vídeo da presentación en Vigo de Assim nasceu uma língua, de Fernando Venâncio
San Cibrao (Cervo): faladoiro Os cronistas (da Mariña) contan do mar
O faladoiro: Os cronistas (da Mariña) contan do mar é unha actividade que forma parte do programa conmemorativo dos 50 anos do Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo), na actualidade integrado na Rede Museística da Deputación de Lugo. Terá lugar o venres, 13 de decembro, no proio Museo do Mar, ás 19:00 h e contará coa participación de Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Ribadeo e Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo. Entrada libre.
Este faladoiro, enmarcado na efeméride de celebración do medio século de vida do Museo Provincial do Mar, tratará sobre distintos aspectos relacionados co mar, fonte vital e espiritual das xentes da Mariña deste tempo inmemorial. Nas intervencións introdutorias cada un dos cronistas falará de actividades, mitos e curiosidades relacionadas co mar e a seguir terá lugar un faladoiro coa participación do público asistente ao acto.
Compostela: sinatura de libros de Ledicia Costas, o 14 de decembro
Pontevedra: Vermú entre libros con María do Cebreiro
Bases dos Premios Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde 2020
Compostela: Club de lectura feminista A Lila + A Sega: O ceo das reixas, de Eli Ríos
Boiro: entrega dos XIII Premios Barbantia da Cultura 2019
A Coruña: presentación de Žižek vai ao ginásio, de Tiago Alves Costa
Pontevedra: diálogo arredor de Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad
O 13 de decembro, ás 20:00 horas, no Espazo Nemonon (Edificio Villa Pilar, rúa do Marqués de Riestra, 11, 1º), en Pontevedra, terá lugar un diálogo arredor da novela Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad, última entrega da saga Dragal publicada por Xerais. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a autora estará acompañada por Anxo González Guerra.