
Bases do XXV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025
Lugo: Afinidades electivas, con Luz Darriba e Pablo Martín Sánchez
A Coruña: coloquio arredor de Galicia, distrito industrial, de Antón Baamonde
O 8 de outubro, ás 13:30 horas, na Cidade das TIC, na Coruña, no evento Conexión Maker Fair Galicia, celebrarase un coloquio arredor de Galicia, distrito industrial, de Antón Baamonde, publicado por Galaxia. Acompañando o autor, estarán Xandre Bastos (AIMEN) como moderador; Daniel Hermosilla, CEO de Rodiñas; e Pilar Vilar (Forensic & Security).
Tareixa Roca. Presentación da obra “Tempo de Amoras”
Samuel Merino: a voz reflexiva que conquista o VII Premio ‘Nacional de Poesía Viva #LdeLírica’
Desde Estandarte:
“O pontevedrés Samuel Merino foi proclamado gañador da sétima edición do Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica, organizado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés. Nunha convocatoria que reuniu máis de 500 poetas de toda España, Merino impúxose cunha obra que conxuga profundidade filosófica, sensibilidade escénica e unha ollada contemporánea sobre a palabra poética. (…)
Como parte do recoñecemento, Merino protagonizará o vindeiro 10 de outubro unha gala poética no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, acompañado por figuras de altura internacional como o poeta surcoreano Ko Un, os actores Ginés García Millán e Silvia de Pé, a cantautora Guada e a poeta Annët Batlles, gañadora do Premio #LdeLírica 2024 e recente vencedora do Poetry Slam de España.”
Madrid: relatorio Creando porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, por Xesús Domínguez Dono
Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán
A Letra das Festas. Revista oral do San Froilán 2025. Chegaron de lonxe: a poboación inmigrante no San Froilán, é unha actividade organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Terá lugar o martes, terza feira, 7 de outubro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n). A entrada é de balde até completar capacidade.
Interveñen:
– Luz Darriba.
– Julieta Insagaray.
– Kike de Vidal.
– Leo Zordán.
Ambientación musical:
– Vadim Yukhnevich.
Conduce:
– Lois Pérez.








