Bases do XXXV Premio de poesía Cidade de Ourense
Berres, A Estrada: presentación de A vida é dura antes dos 18, de José Luis Graña Muíño
Compostela: programación da Semana da novela negra
Malpica: presentación de A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto
Moaña: presentación de Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz
O 29 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría O Pontillón de Moaña (Rúa Concepción Arenal, 7, A Seara), preséntase Música no faiado, de Miguel Ángel Alonso Diz, publicado por Xerais. No acto, o autor estará acompañado por Iria Collazo.
Porto: Poesía galega no Porto. Arrincando marcos 2019
PROGRAMA (todos os actos son públicos):
– 15:30 h. Entrega de cravos vermellos na estatua de Rosalía de Castro, na Praza da Galiza.
– 17:00 h. Rolda de Prensa.
– 19:00 h. Recital conxunto dos oito poetas.
– 21:00 h. Leitura colectiva do texto Que é Galicia?, de Lois Pereiro.
– 24:00 h. Chamado aos pobos galego e portugués.
A editora compostelá Edicións Positivas acompaña oito poetas galegas-os (que figuran no cartaz e na antoloxía editada para a ocasión), precisamente os oito últimos publicados na editorial, nunha xornada que terá como acto central un recitado conxunto na Livraria Poetria.
Este desembarco, denominado ARRINCANDO MARCOS, é o inicio dunha serie de accións para que as letras galegas e portuguesas teñan un maior coñecemento mutuo, un intercambio necesario, vital.