Vigo: presentación de Fábula das aves, de Manuel Forcadela
Pontevedra: Enfiando lecturas de Apiario con Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns e Antía Otero
Lugo: presentación de Rexurdimento: a palabra e a idea, de Anxo Angueira
Betanzos: presentación de Homes de ferro, de Alfredo Conde
Compostela: palestra-presentación de Hei de entrar no meu povo: Reivindicarmos Carvalho Calero
Vigo: presentación de A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva
Compostela: presentación de Irmá paxaro, de Tamara Andrés
Vídeo da conversa ao redor da diversidade sexual nas novelas do Ciclo dos elementos de María Reimóndez
Número cero da revista poética npgGazeta
“Xa
temos rematado o N° cero da revista npgGazeta de agrupacións poéticas de base. 60 páxinas con poemas de máis de 26 poetas con outros tantos escollidos por est@s xa publicados e que se poderán descargar gratuitamente en PDF nos próximos días e que sairá tamén en edición de papel. Faranse diversas presentacións coa participación de algún/a d@s poetas que colaboraron neste número en diferentes localidades. Este número foi coordinado por Moncho Bouzas, coa colaboración da artista Isabel Pardo no apartado artístico con formidábeis retratos d@s poetas, a montaxe de Xelo Teixido, Zeltia Villar nas fotografías e Antón de Guizán no deseño. A revista dixital NPGgazeta da NPG Nova Poesia Guitirica comenza así a súa andaina aberta á participación desde os diferentes grupos poéticos de base e também poetas a nível individual. A NPG promove o Certame Vilariñas de micropoemas galegos ademáis de numerosas actividades poéticas desde as terras de Díaz Castro e prepara o 1° Festival de Poesía Guitirica para este ano #CarvalhoCalero2020 en Guitiriz.”







